Novas BENXAMIN archivos - Atlético Cuntis
 

Categoría: Novas BENXAMIN

Beluso 4 – Cuntis 0
Partido disputado en Beluso, este sábado pola mañá cedo.
O Cuntis comezou cuns cambios na liña defensiva debido ás baixas que presentabamos no día de hoxe. Non saíron os nosos rapaces moi metidos no partido e pronto conseguiría o Beluso poñerse por diante nun despexe desde o medio do campo que se cola na portería. O partido era moi igualado, con moi pouco fútbol polas dúas partes; pero cunha gran loita.

Leer máis … (más…)

Posted by | View Post | View Group

Cuntis 1 – Cambados 2

Partido disputado o domingo en xornada matinal no campo da Ran.

Comezou o Cuntis tendo o balón e facendo ocasións; pero non fomos quen de facer gol. Sería no ecuador deste primeiro acto cando Roi, nunha gran xogada individual, fai o primeiro do partido. Os nosos rapaces seguiron facendo un bo xogo e ocasións; pero o marcador non se movería nesta primeira parte.

Leer máis … (más…)

Posted by | View Post | View Group

Cuntis 7 – Poio 0

Partido disputado na mañá de mércores festivo na Ran ante un bo número de afeccionados.

O Cuntis comezou co control do balón; aínda que nos costou facer ocasións durante os primeiros dez minutos. A partir do minuto 10 os nosos rapaces comezaron a crear boas ocasións e chegaron o goles por medio de Héctor Rodríguez e de Ian. Co resultado de 2-0 chegariamos ao descanso.

Leer máis  (más…)

Posted by | View Post | View Group

Atlético Cuntis ©2024. All Rights Reserved.