Partido disputado en Chan da Barcia na tarde do domingo, na que os nosos conseguiron poñer fin a unha xeira de dous partidos sen gañar. A primeira parte púxose de cara para nós, adiantándonos no marcador no 3´, logo dun centro por banda dereita de Richi que o defensa do equipo contrario meteu na súa propia portería. No 7´, no único acercamento do equipo local á área aurinegra, conseguían empatar tras dun re…mate á reviravolta dende a esquina da área que se colaba por toda a escadra.
Partido correspondente á xornada 8, na que nos presentabamos con numerosas baixas pero coa determinación de deixar os tres puntos na casa. Así, o partido comezou con total dominio por parte local, que na primera media hora gozou de ata tres clarisímas ocasións de gol, desplegando probablemente o mellor fútbol de toda a temporada. Foi no 37′ cando Ángel aproveitou unha preciosa asistencia de Javito por encima da def…ensa para batir ao portero de tiro raso cruzado, chegando con 1-0 ao tempo de descanso. Na segunda parte, os nosos foron perdendo pouco a pouco o dominio do balón, pero aínda así no 61′ Richi provocou un claro penalti tras unha gran xogada individual que transformaría a posteriori Ángel. A partir deste momento o Cuntis veuse un pouco atrás, e o Noalla foise achegando cada vez máis as inmediacións de Kike. Deste xeito, no 71′ chegaba o gol visitante ao rematar un balón Óscar dentro da área pequena. Os nosos repuxéronse a este varapau e empezaron de novo a chegar á área del Noalla, conseguindo Manu no 87′ o definitivo gol da tranquilidade. Queremos destacar o debut dos xuvenís Martín e Brais, o primeiro de moitos! #ImosCuntis#AtleticoCuntis
Partido intenso como se intuía entre os nosos e o equipo local, chamado a loitar polos postos de ascenso a final de tempada Durante os primeiros minutos o Vilaboa fíxose co control do balón, se ben non chegou a concretar ese dominio en ocasións claras, ata que no minuto 20 Javito estrelou un gran lanzamento de falta no poste que se paseou pola liña de gol. A primeira parte terminou con unha gran parada por parte de… Diego, na cal se lesionou e tivo que acabar sendo substituído na segunda parte polo debutante Kike.
Na segunda parte non houbo un claro dominador con constantes chegadas a ambas áreas, ata que no minuto 87 o Vilaboa conseguiría o definitivo 1-0 logo dun desaxuste defensivo nun balón longo, e trala primeira parada de Kike o dianteiro local conseguiría marcar de vaselina. No último minuto estrelamos un balón no largueiro logo dun disparo de 25 metros de Xavi.
Partido importante o disputado o domingo na Ran antes dos equipos chamados a estar na zona noble da clasificacación. … O encontro comezou cos nosos controlando a posesión do balón e con máis presencia na área contraria, aínda que sen ocasións claras de gol. Pouco a pouco o xogo foise igualando, con ambas defensas impoñéndose ós ataques. Deste xeito a primeira parte rematou sen ningunha ocasión clara de gol, sendo o máis destacado a lesión de Souto pouco antes do tempo de descanso.
A segunda metade comezou coa determinación dos nosos de porse por diante do marcador, e proba disto chegou o soberbio gol de Ángel (debutaba hoxe en competición ligueira) no min 58, con un potente disparo dende fóra área. Este gol fixólle dano A Lama, e foi neste tramo do partido onde os nosos desplegaron os mellores minutos do partido. Froito deste dominio, no minuto 69, Luismi libre de marca, e tras un córner botado por Xavi, colocaba o segundo gol de remate de cabeza. Nos últimos 15 minutos A Lama, a base de balóns longos, foise facendo pouco a pouco co dominio, ata que conseguiron facer o definitivo 2 – 1 nunha gran xogado individual.
Para a semana visitamos ao Vilaboa, outro dos equipos fortes da categoría, que ven de perder o seu primeiro partido da tempada.
Este domingo afrontamos o primeiro desprazamento ao sempre complicado campo do Cruceiro de Hío
Partido moi desputado dende o minuto inicial, sen un claro dominador. Co paso dos minutos fixémonos co control do encontro con chegadas a área rival; pero sen concretar ningunha delas, chegando ao descanso cun empate a cero no marcador que facía xustiza ao visto durante o primeiro período.
Na segunda metade o xogo desapareceu por completo con ambos equipos máis preocupados de non encaixar que de crear, o que fixo que se chegara ao final do encontro co mesmo resultado co que comezou, empate a cero.
Destacar o punto obtido nun campo difícil onde moitos equipos se van deixar puntos ao longo da tempada.
Para a semana visita A Ran A Lama SD, un dos equipos chamados a ocupar a parte nobre da táboa a pesar do seu mal comezo de tempada.
GRACIAS, GRACIAS, GRACIAS, al club Atlético de Cuntis, a su Junta Directiva y a su cuerpo técnico por decir NO A LAS DROGAS, por ponerse del lado de los adolescentes, por colaborar con nuestro equipo psicológico y de mediación familiar. Gracias por entender que deporte es salud y que la droga resulta todo lo contrario. Gracias por COMPRENDER que un chaval podría tener graves consecuencias en el campo si juega bajo los efectos de la marihuana, gracias por demostrar que los chicos os importan. En definitiva, una vez más los «modestos » en el deporte ponen la cordura que les falta a los grandes o a los que legislan. Control para los grandes equipos y sus dopajes pero quién mira por los pequeños, por el deporte de base? Sólo aquellos a quienes de verdad les motiva el aspecto deportivo, los que sacrifican su tiempo de ocio y a veces sus relaciones familiares por hacer que el deporte esté en la vida de todos sin distinción de estrato social. GRACIAS