SÉNIOR 2º GALICIA XORNADA 11 - Atlético Cuntis
 

SÉNIOR 2º GALICIA XORNADA 11

| Posted in Novas SENIOR A

SCD PUENTECALDELAS 1 – 2 ATLÉTCO CUNTIS

Partido disputado en Chan da Barcia na tarde do domingo, na que os nosos conseguiron poñer fin a unha xeira de dous partidos sen gañar. A primeira parte púxose de cara para nós, adiantándonos no marcador no 3´, logo dun centro por banda dereita de Richi que o defensa do equipo contrario meteu na súa propia portería. No 7´, no único acercamento do equipo local á área aurinegra, conseguían empatar tras dun remate á reviravolta dende a esquina da área que se colaba por toda a escadra.

Leer máis 

A pesar do gol, o Cuntis fíxose co control do balón en todo momento, despregando un bo xogo combinativo por bandas, aínda que sen concretar en ocasión reais de perigo, exceptuando un remate de Ángel dentro da área que acabou no longueiro logo dunha gran intervención do porteiro local. 

Na 2ª parte o xogo volveuse moito máis trabado, sen ocasión para ningún dos dous equipo. Foi no 57’ cando Ángel conseguiría o gol da victoria, logo dun disparo dende fóra da área que incomprensiblemente o porteiro non logrou deter. O resto da segunda metade transcorreu sen maiores apuros para o Cuntis, agás por unha por unha contra moi ben levada polo Pontecaldas que acabou en remate franco do mediocentro local na área, e que Diego conseguiu despexar nunha gran intervención.
Destacamos a lesión de Buchi no treito final do partido, que causará baixa segura para o próximo partido, xa que ademais viu o 5º cartón amarelo.
Para a semana recibimos na Ran ao Figueirido, na xornada 12.

FICHA TÉCNICA:

ALIÑACIÓN: Diego; Antonio, Buchi, Romero; Richi, Xavi, Iván, Luismi, Juan; Javito, Ángel.

CAMBIOS:
Souto por Xavi (55’)
Darío por Buchi (71’)
Anxo por Ángel (80’)
Zas por Javito (84’)

GOLES: p.p. (3’), Ángel (57’)

#ImosCuntis #OsNosos #AtleticoCuntis

Posted by | View Post | View Group

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.

Atlético Cuntis ©2024. All Rights Reserved.