2ª XORNADA 2ª GALICIA - Atlético Cuntis
 

2ª XORNADA 2ª GALICIA

| Posted in Novas SENIOR A

F.C. Cruceiro 0 – Atlético Cuntis 0

Este domingo afrontamos o primeiro desprazamento ao sempre complicado campo do Cruceiro de Hío

Partido moi desputado dende o minuto inicial, sen un claro dominador. Co paso dos minutos fixémonos co control do encontro con chegadas a área rival; pero sen concretar ningunha delas, chegando ao descanso cun empate a cero no marcador que facía xustiza ao visto durante o primeiro período.

Na segunda metade o xogo desapareceu por completo con ambos equipos máis preocupados de non encaixar que de crear, o que fixo que se chegara ao final do encontro co mesmo resultado co que comezou, empate a cero.

Destacar o punto obtido nun campo difícil onde moitos equipos se van deixar puntos ao longo da tempada.

Para a semana visita A Ran A Lama SD, un dos equipos chamados a ocupar a parte nobre da táboa a pesar do seu mal comezo de tempada.

#imoscuntis

 

Posted by | View Post | View Group

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.

Atlético Cuntis ©2024. All Rights Reserved.