2ª GALICIA G10 - XORNADA 4 - Atlético Cuntis
 

2ª GALICIA G10 – XORNADA 4

| Posted in Novas SENIOR A

UDC VILABOA 1 – 0 ATLÉTICO CUNTIS

Partido intenso como se intuía entre os nosos e o equipo local, chamado a loitar polos postos de ascenso a final de tempada Durante os primeiros minutos o Vilaboa fíxose co control do balón, se ben non chegou a concretar ese dominio en ocasións claras, ata que no minuto 20 Javito estrelou un gran lanzamento de falta no poste que se paseou pola liña de gol. A primeira parte terminou con unha gran parada por parte de Diego, na cal se lesionou e tivo que acabar sendo substituído na segunda parte polo debutante Kike.


Na segunda parte non houbo un claro dominador con constantes chegadas a ambas áreas, ata que no minuto 87 o Vilaboa conseguiría o definitivo 1-0 logo dun desaxuste defensivo nun balón longo, e trala primeira parada de Kike o dianteiro local conseguiría marcar de vaselina. No último minuto estrelamos un balón no largueiro logo dun disparo de 25 metros de Xavi.

ALIÑACIÓN: Diego; Juan, Antonio, Romero; Anxo, Richi, Iván, Luismi, Xavi; Javito e Aitor

CAMBIOS:
Ángel por Aitor (min 46)
Buchi por Anxo (min 62)
Kike por Diego (min 69)
Manuel por Luismi (min 71)
Darío por Javito (min 85)

 

Posted by | View Post | View Group

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.

Atlético Cuntis ©2024. All Rights Reserved.