2ª GALICIA - XORNADA 3 - Atlético Cuntis
 

2ª GALICIA – XORNADA 3

| Posted in Novas SENIOR A

 

SÉNIOR A 2 – 1 SD A LAMA

Partido importante o disputado o domingo na Ran antes dos equipos chamados a estar na zona noble da clasificacación.
O encontro comezou cos nosos controlando a posesión do balón e con máis presencia na área contraria, aínda que sen ocasións claras de gol. Pouco a pouco o xogo foise igualando​, con ambas defensas impoñéndose ós ataques. Deste xeito a primeira parte rematou sen ningunha ocasión clara de gol, sendo o máis destacado a lesión de Souto pouco antes do tempo de descanso.

A segunda metade comezou coa determinación dos nosos de porse por diante do marcador, e proba disto chegou o soberbio gol de Ángel (debutaba hoxe en competición ligueira) no min 58, con un potente disparo dende fóra área. Este gol fixólle dano A Lama, e foi neste tramo do partido onde os nosos desplegaron os mellores minutos do partido. Froito deste dominio, no minuto 69, Luismi libre de marca, e tras un córner botado por Xavi, colocaba o segundo gol de remate de cabeza.
Nos últimos 15 minutos A Lama, a base de balóns longos, foise facendo pouco a pouco co dominio, ata que conseguiron facer o definitivo 2 – 1 nunha gran xogado individual.

Para a semana visitamos ao Vilaboa, outro dos equipos fortes da categoría, que ven de perder o seu primeiro partido da tempada.

ALIÑACIÓN: Diego; Richi, Romero, Antonio, Anxo, Javito; Iván, Luismi; Souto, Xavi, Darío.

GOLES: Ángel (min 58), Luismi (min 69).

CAMBIOS:
Manu por Souto (min 27)
Ángel por Darío (min 46)
Zas por Javito (min 74)
Óscar por Manu (90′)

#ImosCuntis #AtleticoCuntis

Posted by | View Post | View Group

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.

Atlético Cuntis ©2024. All Rights Reserved.