Novas INFANTIL archivos - Atlético Cuntis
 

Categoría: Novas INFANTIL

Cuntis 6 – Monteporreiro 0

Partido disputado no Municipal de A Ran este sábado pola mañá.

Por parte do Atl Cuntis saíu Rubén na portería, na liña defensiva Víctor e David nos laterais xunto con Jaime e Borja no centro. Por diante Xabi e Nico e na media punta Fer, axudados nas bandas por Mario e Luca, na punta de ataque Anxo.
No banquiño agardaba a súa oprtunidade Roi, Diego, Marcos e Carlos.

Leer máis … (más…)

Posted by | View Post | View Group

Este martes, os infantís disfrutaron do circuito termal Acquaform, unha das principais instalacións do noso principal patrocinador, o Balneario Termas de Cuntis.

Aproveitaron a xornada de descanso na súa liga para repoñer folgos, logo dunha primeira parte da tempada moi competida e con vistas a afrontar o queda de competición con forzas e ánimos renovados, facendo piña entre todos os rapaces e corpo técnico.

Deixámosvos unhas fotiños da boa tarde que pasaron!!

La imagen puede contener: 11 personas, personas sonriendo, personas de pie
Posted by | View Post | View Group

Partido disputado no Municipal de San Pedro nunha boa mañá de domingo.

Por parte do Cuntis xogou Rubén na portería, Carlos, Jaime, Borja e David na liña defensiva con Xabi por diante, nas bandas Luca e Mario e na media Nico con Fer e Anxo na punta de ataque. No banquiño agardaba Marcos, Diego, Víctor e Rey.

Leer máis (más…)

Posted by | View Post | View Group

Por parte do Atl Cuntis saiu Rubén na portería, liña defensiva para Roi, Jaime, Borja e Carlos, na media Xabi, Nico e Fer axudados nas bandas por Diego e Mario e na punta Anxo. Esperaron a súa oportunidade Víctor, Marcos, Luca e Rey.
O partido foi de múltiples oportunidades para os dous equipos pero o último pase resistíase.
O Cuntis intentaba dominar o medio do campo e foi coa entrada de Rey cando se conseguiu dando ese pase e Fer metendo gol de vaselina. Na seguinte xogada ofensiva do Salgueiriños pola banda dereita centro e gol. Noutro balón en longo Fer a disputa e consegue o 2-1. A 5 minutos do final unha falta preto do corner a saca Fer ao 2 poste e con fortuna peta no porteiro e 3-1.
A segunda parte foi de dominio pero sen finalizar. O Salgueiriños foi ao ataque e nun desaxuste entre o central e o lateral chega o 2-3. Nos derradeiros minutos tocounos sufrir e bastante tendo dúas contras boas para ampliar a vantaxe.

Para a semana recibimos na Ran ao Caldas.
#imoscuntis #infantíscuntis #atléticocuntiscf

Posted by | View Post | View Group

Partido disputado no Municipal de A Ran nunha boa mañá.

Por parte do Atl. Cuntis saíu Marcos con Víctor e Carlos nos laterais xunto con Borja e Jaime de centrais, na media xogou Xabi e Rey xunto con Fer acompañados nas bandas por Diego e Luca e na punta de ataque Anxo.
Esperaron o seu momento no banquiño Mario, Rubén e Nico.
Bo partido no que a familia aurinegra conseguiu os 3 puntos, onde a maioría de xogadores xogaron en diferentes posicións e probando diferentes sistemas de xogo.

Para a semana visitamos ao Salgueiriños.
#imoscuntis #infantíscuntis #atléticocuntiscf

Posted by | View Post | View Group

Atlético Cuntis ©2024. All Rights Reserved.