7ª XORNADA 2ª INFANTIL - Atlético Cuntis
 

7ª XORNADA 2ª INFANTIL

| Posted in Novas INFANTIL

Partido disputado no Municipal de San Pedro nunha boa mañá de domingo.

Por parte do Cuntis xogou Rubén na portería, Carlos, Jaime, Borja e David na liña defensiva con Xabi por diante, nas bandas Luca e Mario e na media Nico con Fer e Anxo na punta de ataque. No banquiño agardaba Marcos, Diego, Víctor e Rey.

Leer máis

O partido comezou cun Cuntis moi serio en defensa, nun campo moi ancho e largo, cerrando ben os pases interiores do Marín. O Cuntis ao ataque sorprendeu e loitou creando 4 ocasións factibles de gol, ao igual que o contrario pero sempre Rubén ou Marcos ben colocados as paraban.
Foi na derradeira xogada da primeira parte cando un saque de banda de Pombo sorprende á defensa Fer e cun bo centro Anxo abre o marcador.
Na segunda parte a tónica foi igual. Partido moi disputado e, nunha transición ofensiva, Diego encara ao porteiro e de vaselina fai o 0-2.
Faltaban 30 minutos e o Marín foise arriba cambiando posicións no campo e tendo máis presencia ofensiva.
Foi nun saque de esquina cando nos meten o 1-2. O partido seguía con moitas ocasións nas dúas áreas pero, a falta de 5 minutos, o Marín logra empatar nunha xogada clarísima de fóra de xogo estando o atacante 3 metros detrás da defensa aurinegra.
Ao final sacamos 1 punto nun campo difícil e contra o terceiro clasificado.

Para a vindeira semana toca xornada de descanso.
#imoscuntis #infantíscuntis #atléticocuntiscf

 

Posted by | View Post | View Group

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.

Atlético Cuntis ©2024. All Rights Reserved.