Novas INFANTIL archivos - Página 2 de 2 - Atlético Cuntis  

Categoría: Novas INFANTIL

Áncora 7 – Cuntis 1

Terceira xornada de liga na que nos desprazamos a Santomé nunha mañá soleada

Por parte do Cuntis saíu Rubén, Carlos, David, Jaime e Borja na liña defensiva, Xabi e Rey por diante da defensa, nas bandas Mario e Anxo, na mediapunta Nico e Fer de dianteiro.

O partido na primeira parte foi moi disputado tendo cada equipo as súas opcións. Nun saque de esquina en corto encaixamos o primeiro gol nun desaxuste de marca. O equipo seguiu loitando e asumindo máis protagonismo. Dispuxemos dunha xogada de Fernando que encara ao porteiro e é trabado por detrás, intenta seguir pero o tiro condicionado fai que remate na herba. Noutra xogada de banda Diego da un pase en profundidade e Anxo encara e finaliza moi ben batindo ao meta rival. Antes do descanso houbo outra ocasión clara tras xogada de Nico e Fer e o seu tiro sae rozando o poste.

Os do Áncora eran moi verticais buscando situacións de dous contra un cos laterais creando moito perigo.

A segunda parte xa non tivo nada que ver coa primeira posto que encaixamos en dous minutos dous goles. A partir de aí, accións moi desafortunadas non sinaladas provocaban goles nesas accións, ben por xogo perigoso, fóras de xogo ou balóns que saían do rectángulo de xogo.

Co resultado de 6-1 a familia aurinegra queda xon 10 xogadores por non autorizar o árbitro facer o cambio por lesión do gardamallas e Nico ten que xogar de porteiro.
Nos tres minutos de desconto encaixamos o séptimo.

Para a vindeira semana visítannos os nosos veciños de Barro na 4ª xornada.
#imoscuntis #infantíscuntis

Posted by | View Post | View Group

Cuntis 5 – Céltiga B 2

Segunda xornada de Liga na que a familia aurinegra presentábase ante os seus siareiros fronte ao Céltiga

Por parte do Cuntis Rubén na meta, Roi, David, Borja e Carlos liña defensiva, Xabi e Rey por diante da defensa, interiores para Luca e Mario, na mediapunta Fer e na punta Anxo. No banquiño esperando a súa oportunidade Marcos, Nico, Victor, Andrés e Iván.

Partido disputado na Ran onde o Atl Cuntis logrou unha vitoria merecida con 4 goles de Fer e 1 de Anxo.
Intentouse xogar o balón pero por circuntancias o equipo local realizou un fútbol directo e froito deso os 5 goles.
O Céltiga meteu 2 goles, un nun saque de esquina no que o seu dianteiro, libre de marca, consigue o empate e na segunda parte, co marcador de 3-1, tras un potente tiro e boa parada de Marcos, no rechace chega o 3-2.

Destacar o traballo e entrega de todos os xogadores.
Para a semana visitamos a un candidato a estar nos postos altos da táboa clasificatoria como é o Áncora de Ouro.
#imoscuntis #infantíscuntis #atléticocuntiscf

Posted by | View Post | View Group

 

Moraña 2 – Cuntis 0

Este sábado pola mañá nos desprazamos ao campo dos nosos veciños de Moraña, un rival que en teoría vai estar na cabeza da clasificación

Por parte do Atl Cuntis comezaron o partido Rubén na portería, liña defensiva para Diego, David, Borja e Carlos; Xabi con Fer e Nico axudados nas bandas por Mario e Luca; na punta de ataque Anxo. No banquiño esperando a súa oportunidade David, Roi, Marcos, Rey e Andrés Picallo.

O partido comezou co Moraña coa posesión do balón e o Cuntis replegado intentando ter as súas opcións nalgunha contra ou xogada de estratexia.
Nun saque de esquina a mala decisión de non sacar o balón provoca o 1-0 a favor do Moraña de tiro cruzado. 5 minutos despois, nun mal saque de portería, o balón remata ás costas do lateral e remata en 2-0.

Nesta primeira parte destacar, xunto con Rubén, o gran partido de Diego.

Na segunda metade, aos 6 minutos, en 2 faltas merecedoras de tarxeta, lévannos a xogar con 10 por expulsión de Diego. Recompoñemos o equipo con defensa de 3 e buscando o ataque pero en 3 ocasións resistiusenos o gol.

Felicitar ao Moraña pola vitoria merecida e prepararnos para recibir ao Céltiga B e recuperar os xogadores lesionados.

#imoscuntis #infantíscuntis #atléticocuntiscf

Posted by | View Post | View Group

 

Noraboa a todolos futboleiros, a tempada de Infatís xa comenzou !!!

Esta semana comenzaron os adestramentos da categoría Infantil do Atl Cuntis. Os días e horario de adestramento son, Luns , Mércores e Venres as 18:30 horas.

Nesta primerira semana o adestrador alternou sesións de carreira continua con sesións de toque de pelota. O verán fixose moi largo e os xogadores necesitan poñerse en forma de novo para tratar de conseguir o obxetivo de ascender a primeira. Ademáis estos primeiros días, sirven tanto a o adestrador como a os xogadores para coñecerse mellor entre eles.

Aupa Cuntis !!!

Posted by | View Post | View Group

Hugo Picallo adestrador dos infantís con Fran Fontenla (presidente do clube)

Hugo Picallo será o adestrador dos infantís despois duns anos adestrando aos máis pequenos da base (biberóns e prebenxamíns). Gran traballo de Hugo estes últimos anos e gran reto para este cuntiense nunha nova tempada que se presenta moi interesante nesta categoría.

Posted by | View Post | View Group

Atlético Cuntis ©2024. All Rights Reserved.