Regulamento do Club - Atlético Cuntis
 

Regulamento do Club

INTRODUCCIÓN

A  dimensión que está adquirindo o ATLÉTICO CUNTIS CF. motiva a necesidade de elaborar un regulamento de réxime interno que regule a actividade e as relación entre o clube, técnicos, xogadores e familias, servindo como ferramenta para resolver, dun xeito reglado e regulado as normas de comportamento e actuación do propio clube e dos seus integrantes.

A non lectura ou descoñecemento do presente Regulamento non exime do seu cumplimento a todos os membros que pertencen ao ATLÉTICO CUNTIS CF.

 

IDEARIO DO CLUB

O ideario do ATLÉTICO CUNTIS CF representa os principios, os valores , os compromisos e as aspiracións do Club e ten como finalidade o cumprimento dos seguinte obxectivos:

*  Complementar a educación do xogador tanto dentro como fóra do terreo de xogo.

*  Formar na práctica do fútbol a todos os nenos e xóvenes que así o desexen.

*  Que os nenos se divirtan practicando o deporte que máis lles gusta.

*  Participar nas actividades e competicións deportivas oficiais da Federación de fútbol galega.

*  Participar nas actividades e competicións deportivas non oficiais que o Club considere de interese para os xogadores.

*  Difundir os valores deportivos e humanos que o Club represente.

*  Facer do ATLÉTICO CUNTIS CF un referente na provincia de Pontevedra e na Comunidade Autónoma Galega pola súa actividade deportiva e social.

 


ÍNDICE

TÍTULO I. DISPOSICIÓNS  XERAIS

Artículo 1: Obxecto.

Artículo 2: Ámbito de aplicación.

  

TÍTULO II. COMPOSICIÓN  E  ESTRUCTURA.

CAPÍTULO I. Órganos de goberno.

Artigo 3. Estrutura.

Artigo 4. Principios de actuación.

 

CAPÍTULO II. Órganos colexiados.

Artigo 5. A  Asamblea Xeral.

Artigo 6. A Xunta Directiva.

 

CAPÍTULO III. Órganos unipersonais.

Artigo 7. O Presidente.

Artigo 8. O  Vicepresidente.

Artigo 9. O  Secretario.

Artigo 10. O  Tesoureiro.

Artigo 11. Os Vocales.

 

CAPÍTULO IV. Dirección Deportiva

Artigo 12.- Comisión Deportiva

Artigo 13. Coordinadores

 

CAPÍTULO V. Adestradores

Artigo 14. Carácter

Artigo 15. Dereitos dos adestradores.

Artigo 16. Deberes dos adestradores

 

CAPÍTULO VI. Xogadores

Artigo 17. Dereitos dos xogadores.

Artigo 18. Deberes dos xogadores.

 

CAPÍTULO VII. Pais, nais e titores legais.

Artigo 19. Dereitos dos pais, nais e titores legais

Artigo 20. Deberes dos pais, nais e titores legais.

 

 

TÍTULO III. RÉXIME  DISCIPLINARIO.

Artigo 21. Definición.

Artigo 22. Competencia para a imposición de sancións.

Artigo 23. Infraccións.

Artigo 24. Sancións.

 

TÍTULO IV. DISPOSICIÓNS FINAIS.

Primeira. Entrada en vigor.

Segunda. Modificación.


TÍTULO I. DISPOSICIONES GENERALES.

 

Artículo 1: OBXECTO

O presente Regulamento de Réxime Interno ten por obxecto regular a organización e funcionamento do ATLÉTICO CUNTIS CF  dentro do marco construído pola lexislación deportiva vixente e con subsección plena ao establecido nos seus estatutos.

Para levar a efecto este plan. O Club creou una estrutura organizativa composta por : unha xunta directiva, unha comisión deportiva, dous coordinadores ( un para o fútbol base, outro para os equipos sénior) e entrenadores que , basándose no obxecto fundamental anteriormente exposto e apoiándose nunha serie de procedementos de actuación, teñen ao seu cargo as seguintes responsabilidades básicas:

*  A formación tanto técnica e táctica como de carácter deportivo de todos os compoñentes dos equipos ao seu cargo.

*  A xestión, seguimento e control do equipo e xogadores.

*  A representación do Club ante a Federación Galega de Fútbol, ante os estamentos pertinentes, así como nos eventos que organice o Club ou nos que participe.

*  Manter o prestixio deportivo do Club en cada categoría e en cada competición na que participe calquera equipo ao seu cargo.

 

Artículo 2: ÁMBITO DE APLICACIÓN.

O presente Regulamento será de aplicación nos seguintes ámbitos.

Persoal:

*  Os deportistas inscritos no Club dende a formalización da súa inscrición ata a súa baixa.

*  A todos os pais, nais ou titores legais dos xogadores dende o momento da inscrición do seu fillo ata a súa baixa do Club, naqueles aspectos que lles sexa aplicables.

*  Todo o persoal técnico do Club.

*  A todas aquelas persoas ou entidades que por calquera motivo e temporalmente formen parte do Club.

Espacial:

*  As instalacións deportivas nas se se leve a cabo a actividade do Club.

*  Calquera instalación deportiva, local, edificio ou espazo aos que se despracen os compoñentes do Club na súa totalidade ou en parte, ben sexa de modo esporádico ou habitual para realizar actividades deportivas.

Norma xeral aplicable.

A todos os efectos, a Xunta Directiva, os coordinadores e os entrenadores e os xogadores serán os responsables directos das accións posibles cometidas polos seus familiares, amigos, coñecidos ou calquera persoa relacionada con eles. O incumprimento por parte das persoas enumeradas anteriormente de calquera das obligacións recollidas no presente Regulamento e especialmente as relativas a:

*  O respeto e cumprimento das normas e regulamento a competición.

*  A falta de dedicación e esforzo necesario para o desenrolo da actividade deportiva.

*  O respeto da imaxe persoal e do Club.

Facultará ao Club para impoñer á persoa directamente responsable as pertinentes sancións, podendo incluso, e en casos de reiteración ou extrema gravidade, expulsalo do equipo.

 


TÍTULO II. COMPOSICIÓN E  ESTRUTURA.

 

CAPÍTULO I. Órganos de goberno.

Artigo  3: ESTRUTURA.

O Club, de conformidade ao  establecido contará cos seguintes Órganos de Goberno:

*  Colexiados.- Asamblea Xeral e Xunta Directiva.

*  Unipersoais.- Presidente, Vicepresidente, Tesoureiro e Vocais.

Artigo  4: PRINCIPIOS DE ACTUACIÓN.

Os órganos de gobernó velarán para que as actividades do Club se desenrolen de acordó co proxecto (ideario) do mesmo, co obxecto de facer posible a efectiva realización dos fins previstos.

Os órganos de goberno do Club garantizarán, no ámbito da súa competencia, o exercicio dos dereitos recoñecidos aos xogadores, ao entrenador, delegados, así como pais, nais e titores legais e velarán polo cumprimento dos deberes correspondentes.

Asimesmo, favorecerán a participación efectiva de todos os membros do Club na vida do mesmo, na xestión e na súa avaliación.

No seo da Xunta Directiva constituirase un comité de disciplina, ao que corresponderá a resolución dos expedientes abertos pola comisión de feitos que poidan ser conceptuados como falta grave ou moi grave.

 

CAPÍTULO II. Órganos colexiados.

Artículo 5: A ASAMBLEA XERAL.

É máximo órgano de goberno do Club e está formada por todos os compoñentes dos órganos de goberno e administración e resto de socios ao corrente de pago.

A presidencia da asamblea tena o Presidente do Club, se ben non puidera asistir por motivo de forza maior ou xustificado ostentaría o Vicepresidente ou calquera outro directivo elexido pola Xunta .

Funcións:

*  Aprobar e modificar os Estatutos e regulamentos do Club.

*  Deliberar e , no seu caso, aprobar a memoria anual de actividades e a liquidación do exercicio.

*  Deliberar e aprobar no seu caso o programa deportivo do Club e o presuposto.

*  Ratificar aos membros da Xunta electoral.

*  Aprobar o ingreso ou ratificación de admisión provisional de novos membros no Club.

*  Fixar a cuantía das cuotas.

*  Todas as función que deriven das presentes normas ou normativa legal vixente.

A Asamblea Xeral deberá ser convocada en sesión ordinaria, ao menos, unha vez ao ano para tratar os asuntos da súa competencia, na primeira quincena de xullo  unha vez estean as contas pechadas.

Reunirase con carácter extraordinario para tratar os seguintes asuntos:

*  Elección de Presidente e , no seu caso, Xunta Directiva.

*  Dimisión do Presidente ou Xunta Directiva e , no seu caso, a ratificación dos novos membros da Xunta Directiva previstos máis adiante.

* Moción de censura ao Presidente e , no seu caso, á Xunta Directiva.

*  Aprobación e modificación dos regulamentos do Club.

*  Ratificación de composición da xunta electoral.

*  Disolución do Club ou transformación en Escola de fútbol.

*  Disponer, traspasar, tomar diñeiro a préstamo ou emitir títulos transmisibles representativos de deuda..

*  Cando o pida expresamene e por escrito dirixido á Xunta Directiva o dez por cento dos membros da Asamblea Xeral.

* Cando o considere convinte o Presidente do Club.

Artículo 6: A XUNTA DIRECTIVA.

É o órgano de goberno e administración do Club, correspondéndolle a execución dos acordos adoptados na Asamblea Xeral, así como exercer as funcións que lle competen segundo os Estatutos e regulamentos internos do Club.

Elixe entre os seus membros, a proposta do Presidente, os cargos de Vicepresidente, Secretario, Tesoureiro e Vocais do Club.

Funcións:

*  Colaborar co presidente na xestión e administración do Club, velando polo cumprimento do obxectivo e polo desenrolo do proxecto deportivo e social, así como os mandatos da Asamblea Xeral.

*  Crear os comités ou comisións que sexan necesarios para a correcta consecución dos fins do Club, o nomeamento das persoas que a dirixan e a organización de todas as actividades deportivas, institucionais e sociais do Club.

*  Formular o inventario, balance, memoria anual que teñen que ser sometidos á aprobación da Asamblea Xeral.

*  Redactar os diferentes regulamentos do Club, para a  súa aprobación pola Asamblea Xeral.

*  Elexir a Comisión de Réxime Disciplinario que estará formada polo Presidente, os coordinadores deportivos e dous representantes da Xunta Directiva.

*  Vixiar o cumprimento dos Estatutos do Club e o Regulamento de Réxime Interno, podendo abrir expedientes  disciplinarios, impoñer sancións ou proceder á  expulsión do Club a quen non cumpra cos requisitos e esixencias impostas.

 

CAPÍTULO III. Órganos Unipersoais.

Artículo 7: O PRESIDENTE.

Ostenta a representación legal do Club, convoca e preside a Asamblea Xeral e Xunta Directiva, estando obligado a executar os acordos válidamente tomados nas mesmas, autorizando coa súa firma os pagos e operacións económicas, actuando como portavoz da mesma.

Poderá delegar algunha das súas funcións internas ao Vicepresidente. Terá un voto de calidade, no caso de empate, nas votacións dos restantes órganos sociais.

Artículo 8 :O VICEPRESIDENTE.

O Vicepresidente sustituirá ao Presidente en ausencia deste, motivada por enfermidade ou por causas de forza maior e terá as mesmas atribucións que el.

Artículo 9: O  SECRETARIO.

Terá as seguintes funcións:

*  Cumprimentar os libros de actas, nos que se consignarán as reunións da Asamblea Xeral, a Xunta Directiva e demais órganos colexiados da entidade, con expresión de data e hora, lugar de reunión, asistentes, asuntos tratados e acordos adoptados. As actas suscribiranas o Presidente e o Secretario do Club, podéndose materializar os libros en papel ou en soporte informático.

* Levar un libro de rexistro de membros onde consten os nomes e apelidos, dirección, DNI, datas de alta e baixa, así como cargo que desempeña no Club, podéndose levar en soporte de papel ou informático.

*  Coidar da correspondencia do Club.

* Expedir certificados dos acordos tomados ou de calquera outra circunstancia que afecte ao Club.

*  Autorizar coa súa firma, xunto ao Presidente, os contratos firmados polo Club.

*  Formalizar a memoria anual de actividades.

*  Actuar como tal en todos e cada un dos órganos colexiados e comités do Club.

Artículo 10: O  TESOUREIRO

Será o encargado do aspecto económico- financeiro do Club, levando os libros de contabilidade, onde constarán os ingresos e gastos, procedencia dos mesmos, inversión ou o seu destino, todo no marco do plan contable vixente en cada momento, podendo conceder aos libros o soporte material que desexe.

O tesoureiro non poderá realizar pagos sen o visto e prace do Presidente  e, no seu defecto, do Vicepresidente e do Secretario. O tesoureiro formalizará o balance de situación e a conta de ingresos e gastos, que poñerá en coñecemento dos membros da Asamblea Xeral.

Artículo 11: OS VOCAIS.

Os vocais formarán parte da Xunta Directiva asistindo aos seus cargos e desempeñando calquera tarefa ou función que se lles delegue, tendo voz e voto en todas as decisión que correspondan á Xunta. Poderán substituír a calquera membro da Xunta Directiva, excepto ao Presidente.

 

CAPÍTULO IV. Dirección deportiva

Artigo 12: COMISIÓN DEPORTIVA

Comisión  responsable de xestionar todos aqueles aspectos deportivos máis relevantes que non sexan función do coordinador.

Terá as seguintes funcións:

*  Proporá á Xunta Directiva o nomeamento e retribución dos adestradores de todas as categorías.

*  Proporá o cese ao presidente , que á súa vez o informará na Xunta Directiva, de  calquera entrenador que non cumpla coas súas responsabilidades tal e como se reflexa no presente regulamento.

*  Ao comezo de cada temporada establecerá cos seus adestradores os obxectivos deportivos anuais por categorías, debendo entregar unha copia á Xunta Directiva.

*  Executará os acordos que lle compitan acordados pola Xunta Directiva.

*  Realizará o seguimento e elaborará os informes pertinentes doutros equipos, adestradores e xogadores que poidan ser interesantes para o Club.

*  Respetará as decisións tomadas dentro do vestiario de calquera equipo do Club sempre que se axusten ao indicado no Regulamento de Réxime Interno.

Artigo 13: COORDINADORES

Principais responsables de xestionar  todos os asuntos estrictamente deportivos do club en todas as categorías.

No club actualmente contamos con dous coordinadores: un que leva a coordinación da base dende a categoría biberón á categoría xuvenil e outro que leva a coordinación do sénior A e o sénior B. Elexidos polo Presidente poden ser cesados polo propio Presidente.

As súas funcións serán as seguintes:

*  A súa principal función será a planificación, xestión, seguimento e control dos diferentes equipos, adestradores, delegados e xogadores de todas as categorías, vixiando o cumprimento dos obxectivos  deportivos marcados e facendo seguimento da formación integral de cada un dos xogadores do Club.

*  Informará a cada adestrador do Regulamento de Réxime Interno a nivel xeral  e incidindo nos temas que lle afectan directamente.

*  Establecerá un calendario de reunións periódicas cos adestradores.

*  Establecerá un calendario de reunións periódicas coa Xunta Directiva.

*  Estará sempre a disposición dos adestradores para resolver dúbidas, reclamacións ou comentarios.

*  Establecerá e documentará os procedimentos de control e seguimento oportunos que permitan unha vixiancia dos obxectivos establecidos por adestrador, categoría e xogador, debendo entregar copia de toda a documentación á Xunta Directiva.

*  Elaborará un informe semestral de cada equipo e entregarallo á Xunta Directiva.

*  Poderá  pasar xogadores dun equipo a outro ou dunha categoría a outra sempre que existan motivos xustificados e que se cumpra o regulamento, comunicándoo co tempo suficiente aos  adestradores implicados.

*  Coordinará os horarios dos partidos.

*  Asistirá á maioría de partidos e adestramentos.

*  Planificará e xestionará os torneos.

*  Proporá a compra de material deportivo necesario e será o responsable do control do mesmo.

* Terá a obriga de gardar as formas e o respeto esixido a calquera outro membro do Club.

*  Estará obrigado a cumprir as funcións asignadas no presente Regulamento así como as encomendadas polo Presidente do Club.

 

CAPÍTULO V. Adestradores.

ARTIGO 14: CARÁCTER.

Os adestradores son os membros do Club responsables da función docente e o seu exercicio orientarase á consecución dos fins deportivos e educativos establecidos no Ideario do Club.

Gozan da absoluta confianza da Directiva, da comisión deportiva e do coordinador, xa que son os que se relacionan directamente cos xogadores.

A designación do adestrador compete á Directiva, previa proposta do coordinador.

ARTIGO 15: DEREITOS DOS ADESTRADORES.

Os dereitos dos adestradores son:

*  Exercer as  súas función dentro do respeto ao Ideario do club e ao Regulamento de Réxime Interno.

* Dereito a ser informado polo coordinador dos asuntos que atañen ao Club en xeral e a el en particular.

*  Dereito a ser tratado con corrección e respeto polo resto dos estamentos e integrantes do club.

*  Dereito a utilizar os medios materiais e instalacións do club para cumprir os fins do mesmo e con arreglo ás normas que regulen o seu uso.

* Dereito a presentar peticións, suxerencias e queixas de orden deportivo por escrito ante o coordinador, que posteriormente presentará á comisión deportiva.

ARTIGO 16: DEBERES DOS ADESTRADORES.

Os deberes dos adestradores son:

*  A súa principal función será a planificación, xestión, seguimento e control do seu equipo, vixiando o cumprimento dos obxectivos deportivos marcados e facendo seguimento da formación integral de cada un dos xogadores do seu equipo.

*   Esta planificación será previamente aprobada pola comisión deportiva.

*  Manter no aspecto persoal e no técnico-deportivo unha conducta digna e respetuosa co Ideario do Club, así como a súa relación cos distintos estamentos e membros do Club, especialmente cos xogadores.

*  Desempeñar con competencia, exactitude e puntualidade as tarefas e actividades correspondentes.

*  Atender ás consultas dos xogadores, estimular o seu esforzo e favorecer a convivencia e o desenrolo de todos os valores sinalados no Ideario de Club.

*  Aplicar o Réxime Disciplinario do Club, no nivel da súa competencia.

*  Respetar e cumprir os acordos tomados pola Directiva e pola Comisión Deportiva.

*  Cada adestrador levará un control de asistencia, tanto dos adestramentos como dos partidos, que deberá meter no programa GESDEP.NET que o Club posee.

*  Deberán vestir coa equipación oficial tanto nos adestramentos coma nos partidos  e támen nos eventos nos que representen ao Clube.

*  O adestrador poderá atender queixas ou suxerencias de pais/nais ou titores legais que non estean relacionadas con decisións técnicas. Calquera problema se porá en coñecemento do coordinador e posteriormente da comisión deportiva. Se a queixa ou suxerencia ten que ver co aspecto deportivo  xa será derivada de inmediato ao coordinador que lla transmitirá á comisión deportiva que actuará en consecuencia

*  É o responsable das convocatorias, alineacións e sustitucións do equipo, de acordo coa reglamentación vixente para cada categoría. Debe ser o máis equitativo posible no fútbol base que é etapa de formación.

*  Á hora de facer as convocatorias e alineacións débese valorar a asistencia, disciplina, motivación nos adestramentos e a evolución do xogador. En F8 se a actitude é a adecuada e o número de xogadores o permite, deben ir convocados e xogar un mínimo de 15 minutos e en Alevín F11 de 20 minutos.

 

CAPÍTULO VI. Xogadores

ARTIGO 17: DEREITOS DOS XOGADORES

*  O xogador ten dereito a recibir unha formación que contribúa ao pleno desenrolo da súa personalidade.

*  Ten dereito ao equipamento deportivo cada dous anos.

*  Ten dereito a ter un adestrador que contribúa a súa formación deportiva.

*  Ten dereito  a un horario de entrenamiento que será de dous días semanais  no caso do F8  e de tres días no caso do F11.

* Equipo sénior adestrará  3 días semanais e o sénior B  dous días. Outro día o Senior B  reforzará  aos A cos xogadores que precisen.

* Os xogadores teñen dereito a participar no funcionamiento do club,  a través da designación de capitáns de cada un dos equipos. Esta figura actuará de enlace ente o club e os xogadores.

ARTIGO 18: DEBERES DOS XOGADORES

*  Asumir as normas establecidas no regulamento de réxime interno do club, fundamentalmente as que fan referencia á convivencia, orde e disciplina.

*  Asistir aos adestramentos previamente establecidos.

*  Xustificar as ausencias ao adestramento e aos partidos naqueles casos nos que non se poida acudir, comunicándollo ao adestrador coa debida antelación, salvo causa de forza maior.

* Puntualidade nos adestramentos e nos partidos, avisando ao adestrador no caso de retraso.

*  Amosar un bo comportamento e respeto nos adestramentos e partidos tanto cos compañeiros, co equipo contrario , árbitros , adestradores…

*  Deberán asistir aos partidos e aos adestramentos coa equipación correspondente, sendo o equipamento deportivo o principal elemento identificador dun club.

*  Asistir a todos os partidos  coa antelación que o adestrador estipule.

*  Velar polo coidado e bo funcionamento das instalacións e material deportivo. O material é de todos e debemos coidalo.

*  Comprometerse ao desenrolo da actividade deportiva durante toda a temporada para non perxudicar os intereses deportivos do club.

*  Respetar as normas de convivencia dentro e fora do club baseándose en:

–  Respeto ao Ideario de club.

–  Respeto polas decisións tomadas polos órganos colexiados e unipersoais .

*  Asistir á convocatoria do equipo de categoría superior que o solicite.

 

CAPÍTULO VII. PAIS, NAIS E TITORES LEGAIS

 ARTIGO 19: DEREITOS DOS PAIS, NAIS E TITORES LEGAIS.

 * Dereito a ser informado por parte do entrenador da evolución deportiva e do comportamento do seu fillo.

* Dereito a transmitir ao entrenador queixas ou suxerencias que non teñan que ver con temas deportivos,  unha vez rematado o entrenamento. Estas queixas  á súa vez lle serán comunicadas ao coordinador , e él  debe  transmitirllas  á comisión deportiva. As queixas relacionadas co ámbito deportivo xa se lle comunicarán directamente ao coordinador e este posteriormente trasladarallas a dita comisión.

* Dereito a ser informado polo coordinador sobre a organización da temporada en  todo aquelo relacionado co equipo no que xoga o seu fillo.

* Dereito a facer unha valoración sobre o entrenador e a evolución do seu fillo nun documento que se lle entregará a final de temporada e onde, de xeito anónimo, poderá amosar as súas opinións para contribuír á mellora do funcionamento do clube.

ARTIGO 20: DEBERES DOS PAIS, NAIS E TITORES LEGAIS.

*  Pagar  as cuotas anuais nos períodos que se indican, salvo excepcións que serán postas en coñecemento da Directiva.

*  Facilitar os datos identificativos, administrativos e autorizacións que o clube lle solicite.

*  Ser o responsable de que a documentación solicitada esté vixente e se entregue nos prazos estipulados.

*  Durante o desenvolvemento dos entrenamentos ou partidos absteranse de facer calquera comentario técnico- táctico aos xogadores, sendo a súa labor a de animar ao equipo en todo momento.

*  Levar aos fillos puntualmente aos adestramentos, partidos ou eventos organizados polo clube.

*  Asumirán os desprazamentos dos xogadores aos partidos dende biberóns ata xuvenís. O senior B tamén terá que desprazarse pola súa conta.

*  Respetar as decisións dos entrenadores nos adestramentos  e nos partidos.

*  Animar e colaborar en todo aquelo que favoreza a boa marcha do clube, xa que son unha parte moi importante e necesaria para a mellora do Atlético Cuntis.

*  Fomentar nos seus fillos o respeto entre compañeiros, adestradores, árbitros., equipo rival…

*  Absterse de ter actitudes pouco correctas con árbitros, adestradores, xogadores propios e contrarios, pais propios e contrarios, tanto en adestramentos coma nos partidos.

*  No caso de lesión do xogador, deberase seguir o protocolo do club asistindo á clínica concertada  que se indique por convenio, previo aviso ao coordinador. No caso de non seguir o protocolo a familia deberá correr cos gastos médicos ocasionados.

 


TITULO III. RÉXIME DISCIPLINARIO

ARTIGO 21.- DEFINICIÓN

O Réxime disciplinario é creado co ánimo de preservar o bo funcionamento do Club.

ARTIGO 22.- COMPETENCIA PARA A IMPOSICIÓN DE SANCIÓNS

Crearase unha comisión disciplinaria que será a encargada de resolver os expedientes disciplinarios e terá que crear, manter e actualizar o rexistro de sancións. Esta comisión estará formada polo presidente, dous directivos e o coordinador da categoría da que se vaia tramitar o expediente.

ARTÍCULO 23.- INFRACCIÓNS

INFRACCIÓNS MOI GRAVES.-

*  Xestos agresivos e discusións graves entre, técnicos , colaboradores, directivos,  pais entre eles ou se o fan hacia  o árbitro, xogadores, público.

*  Insultos, peleas e actitudes agresivas dos entrenadores, técnicos e xogadores cos compañeiros , adversarios ou árbitros.

*  Desobediencia reiterada por parte dos xogadores, entrenadores, técnicos do clube a decisión e acordos tomados pola xunta directiva.

*  Reiteración de tarxetas vermellas se non son non lance do xogo.

*  Calquera tipo de racismo, insultos machistas, acoso(Bullying).

*  Expulsión por parte do árbitro a un socio ou aficionado .

INFRACCIÓNS GRAVES

*  Faltas inxustificadas de asistencia a adestramentos e partidos.

*  Faltas reiteradas de puntualidade a adestramentos e partidos.

*  Reiteración de infraccións leves

*  Reiteradas faltas de respeto a compañeiros  e entrenador.

*  Causar por mal uso daños no material ou instalacións deportivas.

*  Desobediencia dos xogadores ao entrenador, coordinador ou a membros da xunta directiva do clube.

*  Tarxetas amarelas por protestar.

*  Non utilizar reiteradamente a roupa  durante os entrenamientos e a equipación oficial nos outros actos do clube.

 INFRACCIÓNS LEVES

*  Faltas inxustificadas de puntualidade.

* A falta de comunicación ao entrenador da asistencia a un entrenamiento.

*  Realizar actos inapropiados e incompatibles co Ideario do clube.

*  Falta de interese do xogador nos entrenamientos.

Artigo 24.- SANCIÓNS

SANCIÓN DAS FALTAS MOI GRAVES.-

*  Suspensión da práctica deportiva de 1 a 3 meses, ou a expulsión definitiva, non tendo dereito á devolución da cuota.

*  Asumir a persoa amonestada a sanción económica ou deportiva imposta pola federación.

* No caso de que sea un aficionado ou socio o que sexa expulsado polo árbitro, ademáis de asumir a sanción económica estará privado da asistencia aos partidos o tempo que a comisión decida.

SANCIÓN DAS FALTAS  GRAVES:

*  Suspensión da práctica deportiva de 15 días a 1 mes.

*  Apercibimento onde se fará un informe detallado  sobre a actitude do xogador ou entrenador.

* No caso de causar danos no material ou nas instalacións deportivas a persoa amonestada terá que abonar o custe do dano.

SANCIÓN DAS FALTAS LEVES

*  Amonestación privada

*  Amonestación  escrita e con comunicación á familia por parte da comisión disciplinaria

O período no que o entrenador estea sancionado non cobrará a parte proporcional á sanción imposta.

Cada entrenador pode ter unhas normas internas de cada categoría que deben ser aprobadas pola comisión.

As sancións que cada entrenador lle impoña aos seus xogadores non eximen o cumplimento das que impoña a comisión disciplinaria.

 


TITULO IV. DISPOSICIÓNS FINAIS

A entrada en vigor deste regulamento será no inicio da temporada 2017-2018.

Este regulamento será revisado cada anualmente e modificado  se se considera convinte.

Atlético Cuntis ©2024. All Rights Reserved.