5ª XORNADA 2º INFANTIL - Atlético Cuntis  

5ª XORNADA 2º INFANTIL

| Posted in Novas INFANTIL

Por parte do Atl Cuntis saiu Rubén na portería, liña defensiva para Roi, Jaime, Borja e Carlos, na media Xabi, Nico e Fer axudados nas bandas por Diego e Mario e na punta Anxo. Esperaron a súa oportunidade Víctor, Marcos, Luca e Rey.
O partido foi de múltiples oportunidades para os dous equipos pero o último pase resistíase.
O Cuntis intentaba dominar o medio do campo e foi coa entrada de Rey cando se conseguiu dando ese pase e Fer metendo gol de vaselina. Na seguinte xogada ofensiva do Salgueiriños pola banda dereita centro e gol. Noutro balón en longo Fer a disputa e consegue o 2-1. A 5 minutos do final unha falta preto do corner a saca Fer ao 2 poste e con fortuna peta no porteiro e 3-1.
A segunda parte foi de dominio pero sen finalizar. O Salgueiriños foi ao ataque e nun desaxuste entre o central e o lateral chega o 2-3. Nos derradeiros minutos tocounos sufrir e bastante tendo dúas contras boas para ampliar a vantaxe.

Para a semana recibimos na Ran ao Caldas.
#imoscuntis #infantíscuntis #atléticocuntiscf

Posted by | View Post | View Group

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.

Atlético Cuntis ©2024. All Rights Reserved.