SÉNIOR 2ª GALICIA – XORNADA 8
ATLÉTICO CUNTIS 3 – SD NOALLA 1
Partido correspondente á xornada 8, na que nos presentabamos con numerosas baixas pero coa determinación de deixar os tres puntos na casa. Así, o partido comezou con total dominio por parte local, que na primera media hora gozou de ata tres clarisímas ocasións de gol, desplegando probablemente o mellor fútbol de toda a temporada. Foi no 37′ cando Ángel aproveitou unha preciosa asistencia de Javito por encima da def…ensa para batir ao portero de tiro raso cruzado, chegando con 1-0 ao tempo de descanso.
Na segunda parte, os nosos foron perdendo pouco a pouco o dominio do balón, pero aínda así no 61′ Richi provocou un claro penalti tras unha gran xogada individual que transformaría a posteriori Ángel. A partir deste momento o Cuntis veuse un pouco atrás, e o Noalla foise achegando cada vez máis as inmediacións de Kike. Deste xeito, no 71′ chegaba o gol visitante ao rematar un balón Óscar dentro da área pequena. Os nosos repuxéronse a este varapau e empezaron de novo a chegar á área del Noalla, conseguindo Manu no 87′ o definitivo gol da tranquilidade.
Queremos destacar o debut dos xuvenís Martín e Brais, o primeiro de moitos! #ImosCuntis #AtleticoCuntis
FICHA TÉCNICA:
Aliñación: Kike; Anxo, Buchi, Antonio, Romero; Juan, Luismi; Javito, Darío, Richi; Ángel
Cambios:
Gago por Darío (57′)
Manu por Richi (66′)
Brais por Ánguel (81′)
Javito por Martín (85′)
Goles:
Ángel (37′, 61′ p.), Manu (87′)