Novas BENXAMIN archivos - Página 2 de 3 - Atlético Cuntis  

Categoría: Novas BENXAMIN

Cuntis 6 – Sagrado 1

Este domingo, en xornada matinal, recibimos na Ran ao Sagrado Corazón.

Os nosos benxamíns saíron moi enchufados desde o primeiro minuto. Foi unha gran primeira metade na que metemos 3 goles pronto por medio de Mateo Puente e na que, antes do descanso, meteriamos tres goles máis obra de Roi, Ian e Héctor Rodríguez. O resultado ao descanso xa era de 6-1.

Na segunda metade o control do partido foi do Cuntis; pero o resultado xa non se movería.
En definitiva moi bo partido dos nosos benxamíns que van de menos a máis na competición confirmando as boas sensacións dos adestramentos.

Noraboa tamén ao Sagrado que foi un equipo que hoxe se atopou pronto con tres goles e aínda así sempre o intentou e nunca baixou os brazos.

Para a semana visitamos aos nosos veciños de Caldas nun partido entre dous equipos moi parellos na competición.
#imoscuntis #benxamínscuntis #atléticocuntiscf

Posted by | View Post | View Group

Alondras 2 – Cuntis 9

Este sábado pola tarde desprazámonos a Cangas para medirnos ao Alondras

Empezamos con Adri, Mario, Héctor, Buceta, Hugo, Roi, Mateo Puente e Ian.

Tiveron os seus minutos Carlos e Fabio.
Comezamos durmidos e a causa diso, tras varios erros en cadea, eles meten o primeiro ó quedar o seu dianteiro man a man co noso porteiro. Non nos viñemos abaixo nin moito menos e máis por forza que por xogo fixémonos co control do encontro e tivemos innumerables ocasións antes do gol de Roi no 10 co que empatariamos. Seguimos insistindo e conseguiriamos adiantarnos con outro gol de Roi, pero pouco despois nun erro na saída de balón, fariamos penalti e o equipo local faría o empate. Antes do descanso sería Mateo Puente o que faría o terceiro co que se chegaría ao final desta primeira metade, cun resultado demasiado axustado para a cantidade de ocasións das que dispuxemos.
A segunda parte foi moi boa, xogamos moi ben e non demos opcións a un equipo que o intentou en todo momento. Neste período estivemos moi seguros atrás e arriba movémonos moi ben creando infinidade de ocasións. Os 6 goles da segunda metade foron obra de Mateo Puente, Ian por dúas veces, Fabio Barros tamén con doblete e Hugo Mosteiro.

Bo partido en xeral do Cuntis, con bos momentos de fútbol combinativo. Noraboa tamén ao Alondras xa que nunca baixou os brazos e loitou ata o final.

Para a semana recibimos ao Sagrado Corazón en Cuntis nun partido sempre complicado.
#imoscuntis #benxamínscuntis #atléticocuntiscf

 

Posted by | View Post | View Group

Meaño 3 – Cuntis 5

Partido xogado na mañá de domingo cedo no campo do Revel, en Villalonga, con boa temperatura e gran ambiente nas gradas

Comezamos o encontro con Adri na portería, Buceta, Mario, Hugo, Fabio, Héctor, Mateo Puente e Ian. Tiveron os seus minutos Carlos e Mateo Mesego.

Comezou o partido con eles apretando e aos 5 minutos estiveron a piques de meter, pero os seus intentos deron coa nosa defensa. Pouco despois Mario rouba un balón e sirve a Mateo Puente que mete o primeiro. Hoxe xogamos máis directo do que estamos acostumados, pero creamos moito perigo con balóns profundos a Mateo Puente e a Fabio Barros e así é como chega o segundo nun bo pase de Héctor en profundidade a Mateo Puente que finaliza ben a xogada. O terceiro chega pouco antes do descanso de forma parecida, so que esta vez Mateo Puente, tras recibir de Héctor, dalle o pase a Ian para que faga o terceiro co que nos iríamos ao descanso.

Na segunda eles apretaron máis arriba e xa no primeiro minuto nos meten o primeiro. Non tardamos en reaccionar e cun tiro dende a frontal, Héctor mete o cuarto. E noutra xogada rápida Ian mete un balón a Fabio Barros que mete gol.

Despois recibiriamos dous goles un deles xa co tempo cumplido de penalti.

Non foi un gran encontro, pero o que non podemos reprochar son as gañas que lle poñen os rapaces tanto nos partidos como nos adestramentos. Temos que seguir mellorando e crecendo.

O xoves, en xornada festiva, recibimos na Ran ao sempre complicado e competitivo AJ Lérez.
#imoscuntis #benxamínscuntis

 

Posted by | View Post | View Group

Portero 2000 7 – Cuntis 3

Partido disputado o sábado pola mañá en Pontevedra onde visitamos a un dos claros candidatos a loitar por gañar esta liga

O partido comezou cos nosos rapaces moi intensos e chegando con perigo á meta local. Froito desta presión tivemos dúas claras ocasións que o noso dianteiro non foi quen de definir. O Portero 2000, cun ritmo de balón moi alto, sacudiuse a presión e empezou a chegar con perigo á nosa área. Adiantouse no marcador cun gol en posición moi dubidosa e fixo o segundo de córner ante a pasividade dos nosos xogadores. Pero lonxe de baixar os brazos, volvémonos facer co control do partido, acortando distancias cun bo gol na presión de Mateo e obrigando ao Portero 2000 a xogar balóns en largo e un fútbol moito máis directo do que nos ten acostumados. E cando parecía que chegabamos ao descanso con este marcador, recibimos o terceiro gol con que se chegaría ao final deste primeiro acto (3-1).

O comezo da segunda metade foi do Cuntis. Outra vez con intensidade e con bo xogo por momentos, fomos quen de recortar distancias cun golazo de Roi. Seguimos coa loita e a falla de 15 minutos para o final chegou a xogada clave do partido. Boa xogada do Cuntis que remata Roi cun disparo que golpea en toda a cruceta e o despexe da defensa rival provoca un erro da nosa defensa que fai que o equipo pontevedrés aumente a distancia no marcador. Punto de inflexión total no partido. De empatar a perder 4-2 e aí sí que xa baixamos os brazos e os goles do rival foron caendo. Aínda así os pequenos tiraron de garra e de orgullo e volvemos meter outro bo gol de Roi e puidemos incluso meter algún máis. Tamén é certo que nestes últimos minutos o Portero 2000 tamén tivo as súas ocasións.

Partido moi disputado ata o minuto 10 da segunda metade ante un moi bo equipo. Nós a seguir traballando con este equipo con moito marxe de mellora e cuns rapaces que hoxe o deron todo. Noraboa aos dous equipos!!

Para a semana visitamos ao Meaño nun partido complicado.
#imoscuntis #benxamínscuntis #atléticocuntiscf

Posted by | View Post | View Group

 

Cuntis 4 – ED Arousa 2

Os nosos benxamíns debutaron en liga este domingo pola mañá ante a ED Arousa no campo de A Ran

O equipo presentaba no día de hoxe numerosas baixas o que fixo que non tivéramos trocos para os xogadores de campo, soamente tiñamos o reposto do porteiro.

O partido comezou cos nosos rapaces querendo ter o balón; pero desde o quentamento xa se notaba que non era o día. Aínda así nos adiantamos cun bo gol de Roi dende a frontal; pero a EDA apretou e foi quen de darlle a volta ao marcador 1-2. No último minuto desta primera metade, nunha gran xogada individual de Fabio Barros, Mateo fai o empate co que se chegaría ao descanso.
No segundo tempo movéronse algunhas posicións dos rapaces no campo o que fixo que melloráramos algo o xogo e, sobre todo, o control do partido, conseguindo facer dous goles máis (Fabio Barros e Roi).

Partido moi mellorable no día de hoxe, cunha primeira metade para esquencer e cunha melloría no segundo acto, pero lonxe do visto nalgúns partidos de pretemporada. A seguir traballando e recuperando rapaces para o próximo partido no que nos desprazaremos a Pontevedra onde nos enfrontaremos a un dos claros favoritos desta liga, o Portero 2000.
#imoscuntis #benxamínscuntis #atléticocuntiscf

Posted by | View Post | View Group

Atlético Cuntis ©2024. All Rights Reserved.