13ª XORNADA 1ª BENXAMÍN - Atlético Cuntis
 

13ª XORNADA 1ª BENXAMÍN

| Posted in Novas BENXAMIN

Beluso 4 – Cuntis 0
Partido disputado en Beluso, este sábado pola mañá cedo.
O Cuntis comezou cuns cambios na liña defensiva debido ás baixas que presentabamos no día de hoxe. Non saíron os nosos rapaces moi metidos no partido e pronto conseguiría o Beluso poñerse por diante nun despexe desde o medio do campo que se cola na portería. O partido era moi igualado, con moi pouco fútbol polas dúas partes; pero cunha gran loita.

Leer máis …O equipo local aproveitou, durante este primeiro acto, os nosos erros e conseguiu dous goles máis. Pola nosa parte non acertamos coas poucas ocasións que tivemos. Mateo nun tiro cruzado que para o porteiro, Roi nun cabezazo a pracer no segundo pao que se vai fora por moi pouco e Héctor Diz nun gran tiro de falta que o seu porteiro despexa nunha gran parada. Resultado ao descanso 3-0. Duro castigo para os nosos nun partido moi igualado neste primeiro acto.
No segundo tempo saímos enchufados creando tres boas ocasións para meternos no partido; pero o porteiro local desbaratounas cunha gran solvencia. Seguiu o partido coa tónica do primeiro tempo; aínda que o Cuntis sí que puxo algo máis de fútbol sobre o tapete e dominou o partido, pero sen crear claras ocasións. Finalmente, nunha contra, o Beluso facía o cuarto, nunha xogada de mala sorte que metemos nós en propia meta.
Partido moi disputado e competido, cun resultado moi abultado para o equipo local que non foi mellor que o Cuntis; pero que demostrou moita máis efectividade nas poucas ocasións que houbo durante todo o encontro. Mala racha en ataque dun equipo con moito gol como eran os nosos benxamíns que levan soamente un gol a favor nos últimos dous partidos. Pero nada que reprochar a estes rapaces que o dan todo nos partidos. O gol volverá. Noraboa ao Beluso.
Este mércores día 6 de decembro xogamos na Ran o partido atrasado do 12 de outubro contra o AJ Lérez no que agardamos recuperar efectivos e tamén a nosa efectividade de cara ao gol.

 

 

 

Posted by | View Post | View Group

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.

Atlético Cuntis ©2024. All Rights Reserved.