10ª XORNADA 1ª BENXAMÍN - Atlético Cuntis
 

10ª XORNADA 1ª BENXAMÍN

| Posted in Novas BENXAMIN

Cuntis 3 – Pontevedra 2

Partido disputado o sábado pola mañá na Ran cunha boa presencia de afeccionados xa que antes deste partido xogaron os alevíns e os prebenxamíns.

Leer máis   O Cuntis hoxe non xogou o seu mellor partido. Moi espesos técnicamente; pero cun gran esforzo e compromiso como nos teñen acostumados durante este primeiro tercio de tempada.

O Pontevedra adiantouse no marcador no primeiro tempo e, antes do descanso, o Cuntis, cunha xogada de estratexia de córner, consigue o empate por medio de Mateo Puente. O resultado ao descanso foi de 1-1 nunha primeira metade moi disputada.
O segundo tempo foi de dominio dos locais, con bastantes ocasións de gol, pero sen lograr definir. Foi Ian quen, mediada a segunda metade, consegue o 2-1. O Pontevedra conseguiu o empate nunha boa falta. Pero non baixamos os brazos e volvemos adiantarnos nos marcador con outro gol de Ian. Seguimos apretando e tivemos ocasións para conseguir un resultado máis amplio; pero finalmente o marcador non se moveu chegando ao final co resultado de 3-2.

En definitiva, partido moi disputado esta mañá na Ran entre un Cuntis que non fixo o seu mellor partido pero que tivo ocasións de sobra para sacar un resultado máis amplio e un Pontevedra que sempre loitou e nunca baixou os brazos.

Esta xornada remataremos no máis alto da clasificación en solitario, un dato anecdótico pero que sempre gusta nunha liga moi competida.

Para a semana descansamos.
#imoscuntis #benxamínscuntis #atléticocuntiscf

Posted by | View Post | View Group

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.

Atlético Cuntis ©2024. All Rights Reserved.