12ª XORNADA 1ª BENXAMÍN - Atlético Cuntis
 

12ª XORNADA 1ª BENXAMÍN

| Posted in Novas BENXAMIN

Cuntis 1 – Cambados 2

Partido disputado o domingo en xornada matinal no campo da Ran.

Comezou o Cuntis tendo o balón e facendo ocasións; pero non fomos quen de facer gol. Sería no ecuador deste primeiro acto cando Roi, nunha gran xogada individual, fai o primeiro do partido. Os nosos rapaces seguiron facendo un bo xogo e ocasións; pero o marcador non se movería nesta primeira parte.

Leer máis …

O segundo tempo foi máis do mesmo; control do partido e ocasións; pero hoxe o mellor do Cambados foi o seu porteiro que estivo espectacular e nós non tivemos sorte de cara a gol. Esta falla de acerto nos condenou xa que en dúas chegadas, o Cambados sí que demostrou efectividade e se puxo por diante.
A partir do segundo gol do equipo visitante, os nosos rapaces seguírono intentando; pero xa máis co corazón que coa cabeza, pecando de algo de precipitación nos minutos finais.

En definitiva, un partido bo do Cuntis que debeu levar unha vitoria clara, polo visto no terreo de xogo, ante un bo equipo como foi hoxe o Cambados, cunha boa proposta futbolística. Noraboa aos nosos rapaces polo esforzo e polo partido. Este é o camiño.

Para a semana visitamos ao Beluso, nun partido que se presenta moi interesante e no que necesitaremos recuperar a efectividade de cara ao gol.
#imoscuntis #benxamínscuntis #atléticocuntiscf #osnosos

La imagen puede contener: una o varias personas, personas practicando deporte y exterior

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.

Atlético Cuntis ©2018. All Rights Reserved.