9ª XORNADA 1ª BENXAMÍN - Atlético Cuntis
 

9ª XORNADA 1ª BENXAMÍN

| Posted in Novas BENXAMIN

Salgueiriños 0 – Cuntis 3

Partido disputado na mañá do sábado en Pontevedra.

Leer máis Os primeiros 15 minutos foron de dominio do Cuntis con moitas chegadas á área rival; pero sen fortuna no remate. Neste período conseguimos adiantarnos no marcador cunha boa xogada por banda esquerda na que Mateo asiste a Roi que consegue o primeiro gol nunha boa definición. Nos últimos minutos da primeira metade o equipo local dou un paso adiante e apretou aos nosos rapaces que se defenderon moi ben.

O segundo tempo comezou como rematou o primeiro, co Salgueiriños apretando ao Cuntis. A partir do minuto dez o Cuntis volveuse a facer co control do partido xerando un penalti que convertiría Roi e conseguindo o terceiro gol logo dunha boa xogada por banda esquerda de Mateo que lla pon a Ian que nunha gran definición consegue o terceiro e definitivo gol no marcador.

En definitiva, partido moi intenso e competido entre dous bos equipos no que o Cuntis estivo un punto por riba dun moi bo equipo como foi hoxe o Salgueiriños.

Para a semana recibimos ao Pontevedra na Ran.
#imoscuntis #benxamínscuntis #atléticocuntiscf

Posted by | View Post | View Group

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.

Atlético Cuntis ©2024. All Rights Reserved.