8ª XORNADA 1ª BENXAMÍN
Cuntis 7 – Poio 0
Partido disputado na mañá de mércores festivo na Ran ante un bo número de afeccionados.
O Cuntis comezou co control do balón; aínda que nos costou facer ocasións durante os primeiros dez minutos. A partir do minuto 10 os nosos rapaces comezaron a crear boas ocasións e chegaron o goles por medio de Héctor Rodríguez e de Ian. Co resultado de 2-0 chegariamos ao descanso.
Leer máis A segunda metade foi do Cuntis xerando moitas ocasións e facendo 5 goles máis por medio de Mateo Puente por dúas veces, Ian por dúas veces máis e Mateo Mesego.
En definitiva, bo partido dos nosos rapaces ante un Poio que sempre loitou e que nolo puxo difícil no primeiro tempo.
Bo comezo de tempada dos nosos rapaces que, despois de oito xornadas, se sitúan en segunda posición da táboa empatados a puntos co primeiro clasificado.
Pasado mañá viaxamos a Pontevedra onde nos enfrontaremos ao Salgueiriños.
#imoscuntis
#benxamínscuntis #atléticocuntiscf