Novas CADETE archivos - Página 2 de 3 - Atlético Cuntis  

Categoría: Novas CADETE

Atl.Cuntis 6-3 Portonovo

Partido disputado na mañá do sábado na Ran.

Os nosos chavales saltaron o campo sen intensidade e froito deso, en 15 minutos, xa iamos 0-2 no marcador. No minuto 26 Jose colgaba unha falta lateral e Xabi remataba de cabeza facendo o 1-2 no marcador. No minuto 30, nun bo pase, Juan quédase so ante o porteiro e fai gol, e tan so 5 minutos despois da mesma maneira Juan fai o 3-2.


Tras o paso polos vestiarios o Cuntis dou entrada a Rubén, porteiro infantil de primeiro ano que hoxe debutaba cos cadetes. O atl.Cuntis saiu coa idea de ter o balón e facer correr ao rival e así foi que no minuto 56 xa iamos gañando 5-2 con goles de Juan e Yago. No minuto 60 o Portonovo recortaba distancias e puxémonos 5-3.O Atl.Cuntis meteu no campo a Casca e Ángel e 5 minutos da súa entrada no terreo de xogo chegaría o definitivo 6-3 obra de Ángel. O Atl.Cuntis faría o seu último cambio dando entrada a Aleixo nos últimos 15 minutos e o resultado non se movería máis.

Para a semana o equipo descansa.
#ImosCuntis #cadetescuntis #atléticocuntiscf

Posted by | View Post | View Group

Atl.Cuntis 6-0 Indepo CF

Partido disputado na tarde do sábado na Ran.

 

O noso equipo comenzou tocando o balón e intentando meter ao rival no seu campo e así, no min 5, Míchel facía o 1-0. No minuto 14 Nicolás metía o 2-0 dende case o saque de esquina, pero no min 24 Jose collería o balón e regateando a todo o que se lle viña por diante facia o 3-0. Xa para rematar a primeira parte Jose facía o 4-0. No descanso o noso equipo metía a Ángel, Samu e Martín e quedábase Yago, Aboy e Nico no vestiario. Na segunda parte saímos con menos intensidade da necesaria e casi nos pasa factura, xa que o Indepo subiu liñas e meteunos no noso campo, pero pouco a pouco volvimos a meternos no noso xogo e no min 67 Samu marcaba o 5-0. E xa para rematar o encontro Xabi facía o gol do partido, collendo o balón e levando en velocidade a toda a defensa para logo facerlle unha vaselina ao porteiro visitante e cerrar o encontro con 6-0.

Para a semana visitanos o Portonovo «B».
#ImosCuntis #cadetescuntis #atléticocuntiscf

Posted by | View Post | View Group

Umia 0-0 Atl.Cuntis

Partido disputado na tarde do sábado en Barrantes

Comezamos con moitas dúbidas e mal colocados, pero según pasaba o tempo fomos entrando no partido e creando ocasións. No minuto 15 lesionouse o xogador que máis perigo nos estaba a crear, e nós, xa metidos no partido, empezamos a facer o noso fútbol, intentar ter o balón e meter ao Umia no seu campo. No minuto 30 o Cuntis facía un cambio para darlle máis velocidade de xogo ao equipo e así ter a Anxo como referencia no ataque. Uns minutos antes de ir ao descanso puidemos poñernos por diante pero o porteiro visitante facía unha boa parada.

Na segunda parte saímos moi enchufados e fomos superiores, pero o longueiro tras un bo disparo de Yago impedía o gol, e no minuto 65 Yago tiña a ocasión do encontro quedando so ante o porteiro que sería o encargado de desviar o balón. Nos últimos minutos intentamos ir a polo partido e Juan adiantou a súa liña e situouse de dianteiro, e o primeiro balón que recibe tras un bo centro de Samu fai que quede so no punto de penalti pero o seu tiro sae moi desviado xa que golpeou de primeiras. Quedamos con mal sabor de boca de non poder traer os 3 puntos cando o merecimos.

Para a semana visítanos o Indepo na Ran.

Dende os cadetes do Atl.Cuntis desexámoslle unha pronta recuperación ao lateral do Umia que saíu lesionado.
#ImosCuntis #cadetescuntis

Posted by | View Post | View Group

Cuntis 3-5 Xuv.Cambados

Partido disputado na mañá do sábado na Ran

Saímos sen intensidade e aos nove minutos o Cambados púxose por diante nun erro noso. No minuto 27 Juan empata o partido pero 5 min máis tarde, outro erro fai que o Cambados se vaia con vantaxe no marcador 1-2.

A segunda metade parecía outra. Saímos enchufados e con gañas de quedar cos 3 puntos e así, en 15 minutos, puxémonos por diante no marcador 3-2. No minuto 67, nun córner en contra, o dianteiro, nunha xogada dubidosa, quédase so para rematar a gol e poñer o 3-3. A 10 minutos do final e intentando ir polo partido chegou o que non mereciamos, o 3-4 nun córner no que Carlos non chegou ao balón e o xogador remata so. Estabamos no minuto 79. E no minuto 80, nunha falta a favor nosa na nosa área e co noso equipo subindo para disputar a última xogada do partido, equivocámonos intentando saír xogada con regate ao dianteiro do equipo rival que nos rouba o balón e fai o 3-5 definitivo.

Para semana visita difícil a Umia.
#imoscuntis #cadetescuntis #atléticocuntiscf

Posted by | View Post | View Group

 

Villalonga 1-6 Atl.Cuntis

Mañá de fútbol en Villalonga, a donde nos desprazamos a xogar a primeira xornada de liga, cun claro obxectivo que era traer os tres puntos para o pobo.

Comenzamos o partido moi metidos, con pases curtos e movendo rápido o balón de lado a lado, pero o rival estaba ben posicionado e con todo o seu equipo defendendo no seu campo. Os nosos seguiron combinando e así chegou o primeiro gol no minuto 32, Juan recibe de espaldas e consigue levar o central, e dende o borde da área consegue poñernos por diante. Uns minutos máis tarde e a punto de ir ao descanso Samu poñía o 0-2 cun golazo. Despois do descanso seguimos na mesma liña, mover o balón rápido sen deixarlle crear perigo ao rival, e así chegaría o 0-3, un rechace na área e Josiño aparece para facer gol. O gol do partido foi o 0-4 e obra de Juan que se leva en velocidad á súa marca e ve o porteiro adiantado e consegue facer unha bonita vaselina. O 0-5 marcaríao Ángel tras empuxar un balón posto por Samu. Eles meterían un gol por unha perdida de balón nosa. E o 1-6 anotaríao Samu.

Para semana recibimos ao Cambados, un equipo candidato a estar nos postos de arriba.
#imosCuntis #cadetescuntis #atléticocuntiscf

Posted by | View Post | View Group

Atlético Cuntis ©2024. All Rights Reserved.