Novas ALEVIN archivos - Página 5 de 6 - Atlético Cuntis  

Categoría: Novas ALEVIN

Cuntis 2 – AJ Lérez 2

Este domingo na Ran recibimos a un dos equipos fortes da liga alevín de f11, o AJ Lérez.

O partido comezou co Cuntis querendo ter o balón, pero o Lérez puxo unha intensidade moi alta que non nos permitiu desenrolar o noso fútbol. O equipo pontevedrés tivo as mellores ocasións nos primeiros minutos e froito desas chegadas conseguirían o primeiro gol mediada a primeira parte. Cinco minutos despois, nunha das poucas veces que logramos combinar, conseguimos un bo gol iniciando desde a nosa portería e conseguindo enlazar co punta, Rubén, que faría un bo gol. Co resultado de 1-1 chegariamos ao descanso.
A segunda metade seguiu co guión da primeira. Partido moi competido e disputado e con pouco fútbol combinativo. No minuto 15 deste segundo acto conseguimos enlazar co noso interior que se queda nun man a man co porteiro visitante e despois de regatealo tira a porta e un defensa saca o balón de debaixo dos paos. Na xogada posterior o árbitro sinalaría penalti a favor do Aj despois dunha man moi discutible. Desta maneira o que puido ser o 2-1 para o Cuntis supuxo o 1-2. Tocaba remontar e a dez minutos do final conseguimos empatar por medio de Sergio. Tivemos dúas últimas oportunidades, unha delas moi clara, para poder gañar o partido; pero foi o AJ lérez o que se puido levar a vitoria cunha falta no último suspiro do partido desde a frontal da área que se iría fora por pouco.

En definitiva, partido moi igualado e emocionante no que os dous equipos dérono todo e fixeron disfrutar á afección, e no que os nosos rapaces competiron moi ben. Noraboa aos dous equipos.

Para a semana visitamos Cambados.
#imoscuntis #alevínscuntisf11 #atléticocuntiscf

Posted by | View Post | View Group

Catoira 2 – Cuntis B 3

Partido disputado na mañá do domingo en Catoira.

A primeira metade foi de moita igualdade cun Cuntis moi canso, pero que nunca baixou os brazos ante un bo Catoira. Rematamos este primeiro acto por detrás do marcador 1-0. Na segunda metade empatamos cun gol en propia meta do equipo local, pero sería o Catoira o que se volvería a adiantar no marcador a dez minutos do remate do partido. Foi a partir de aí onde arriscamos en busca dos tres puntos e conseguimos darlle a volta ao resultado con goles de Lois e de Cobas.

Partido que sacamos adiante sen moito xogo; pero con moito mérito xa que todos os rapaces xogaron en xornada de sábado tanto a f8 como a f11. Noraboa ao Catoira, un bo equipo cun bo trato de balón e que nunca baixou os brazos.

Para a semana visita a Ran o San Martín.
#imoscuntis #alevínf8bcuntis #atléticocuntiscf

Posted by | View Post | View Group

Ribadumia 0 – Cuntis 0

Partido disputado en xornada matinal do sábado en Ribadumia

Comezamos o encontro con: Adri, Brais, Antón, Eloi, Martín, J. Diego, Lois, Andrés, Breixo, Lucía e Óscar. Tiveron os seus minutos Hugo e Iker.

Primeiros minutos con certa incetidume que ocasionou que eles tiveran a posibilidad de adiantarse no marcador cun tiro ó longueiro. Pero pouco a pouco fomos collendo ritmo e empezamos a defender mellor; pero co balón costounos xogar con calma. Aínda así fomos controlando o xogo e non deixabamos que eles se acercaran á nosa área.
Na segunda parte entramos enchufados e os do medio campo comezaron a mover ben o balón e as ocasións chegaron pero hoxe non quixo entrar. O Ribadumia, neste segundo acto, apenas chegou , sen embargo tiveron unha moi clara co partido rematado cunha falta na frontal que non definiron ben.

En definitiva, primeiro partido de liga de f11 no que fomos de menos a máis rematando o partido cun bo nivel.

Para a semana visita a Ran un dos favoritos ao título de liga, o AJ Lérez.
#imoscuntis #alevínscuntisf11 #atléticocuntiscf

Posted by | View Post | View Group

Sagrado 4 – Cuntis 5

Partido disputado este sábado pola mañá no Príncipe Felipe ante un bo equipo como é o Sagrado Corazón.

O partido estivo moi competido, onde o equipo local non dou un balón por perdido, xogando ao límite da legalidade nalgúns intres do mesmo. Saímos con Gael na portería, Iván, Carba e Juan en defensa, Sergio, David e Roi no medio e Rubén en punta. Tiveron os seus minutos Samu e Cobas.
No inicio do partido tivemos unha clara ocasión cun disparo que foi ao longueiro; pero na xogada seguinte o Sagrado se adianta no marcador. Despois viñeron os mellores momentos do Cuntis e nos puxemos 1-3 no marcador con goles de Roi, Juan e Rubén. Pero hoxe foi o día dos agasallos e o Sagrado se acercou no marcador con outro erro defensivo. A partir de aí, intercambio de golpes chegando ao 4-5 definitivo. O resto dos goles foron cousa de Rubén e Sergio.

En definitiva, partido moi desputado e sufrido ante un Sagrado moi intenso durante todo o partido.

Para a semana recibimos na Ran ao Arcade.
#imoscuntis #alevínsf8cuntis #atléticocuntiscf

Posted by | View Post | View Group

AJ Lérez 2 – Cuntis 6

Este sábado, pola mañá cedo, visitamos Pontevedra para xogar contra o sempre difícil e competitivo equipo do AJ Lérez

Campo pequeno no que o Lérez comezou apretando moito. Nós non eramos capaces de facer o noso xogo combinativo e, froito desa presión, o equipo pontevedrés adiantouse no marcador aos 6 minutos. Pouco a pouco nos fomos sacudindo a presión e nos fixemos co balón. Empatariamos pronto cun gol de David, e no mintuo 20, outra vez David, fixo o segundo para poñer o 1-2, resultado co que se chegaría ao final do primeiro tempo.

A segunda metade foi outra. O Cuntis tivo o balón e as ocasións e volveu xogar un bo fútbol por momentos. Marcamos 4 goles máis (2 máis de David, un de Sergio e outro de Roi). Ao final resultado de 2-6 nun bo segundo acto.

Partido de menos a máis no que soubemos sufrir ao comezo para acabar impoñendo o noso fútbol.
Noraboa ao AJ Lérez tamén polo seu bo traballo no día de hoxe.

Para a semana descansamos.
#imoscuntis #alevínsf8cuntis #atléticocuntiscf

Posted by | View Post | View Group

Atlético Cuntis ©2024. All Rights Reserved.