2ª XORNADA 1ª ALEVÍN F11 - Atlético Cuntis  

2ª XORNADA 1ª ALEVÍN F11

| Posted in Novas ALEVIN

Cuntis 2 – AJ Lérez 2

Este domingo na Ran recibimos a un dos equipos fortes da liga alevín de f11, o AJ Lérez.

O partido comezou co Cuntis querendo ter o balón, pero o Lérez puxo unha intensidade moi alta que non nos permitiu desenrolar o noso fútbol. O equipo pontevedrés tivo as mellores ocasións nos primeiros minutos e froito desas chegadas conseguirían o primeiro gol mediada a primeira parte. Cinco minutos despois, nunha das poucas veces que logramos combinar, conseguimos un bo gol iniciando desde a nosa portería e conseguindo enlazar co punta, Rubén, que faría un bo gol. Co resultado de 1-1 chegariamos ao descanso.
A segunda metade seguiu co guión da primeira. Partido moi competido e disputado e con pouco fútbol combinativo. No minuto 15 deste segundo acto conseguimos enlazar co noso interior que se queda nun man a man co porteiro visitante e despois de regatealo tira a porta e un defensa saca o balón de debaixo dos paos. Na xogada posterior o árbitro sinalaría penalti a favor do Aj despois dunha man moi discutible. Desta maneira o que puido ser o 2-1 para o Cuntis supuxo o 1-2. Tocaba remontar e a dez minutos do final conseguimos empatar por medio de Sergio. Tivemos dúas últimas oportunidades, unha delas moi clara, para poder gañar o partido; pero foi o AJ lérez o que se puido levar a vitoria cunha falta no último suspiro do partido desde a frontal da área que se iría fora por pouco.

En definitiva, partido moi igualado e emocionante no que os dous equipos dérono todo e fixeron disfrutar á afección, e no que os nosos rapaces competiron moi ben. Noraboa aos dous equipos.

Para a semana visitamos Cambados.
#imoscuntis #alevínscuntisf11 #atléticocuntiscf

Posted by | View Post | View Group

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.

Atlético Cuntis ©2024. All Rights Reserved.