Novas ALEVIN archivos - Página 6 de 6 - Atlético Cuntis  

Categoría: Novas ALEVIN

 

Cuntis 12 – Áncora 0

Partido desputado o domingo pola mañá no campo de A Ran. Recibimos ao Áncora, un rival que o ano pasado foi dos destacados da categoría e ao que nos tivemos que enfrontar en numerosas ocasión (liga, copa e fase intermedia)

Hoxe o partido comezou cos rapaces moi enchufados e froito desa intensidade e do bo xogo desplegado, puxémonos 4-0 nos primeiros cinco minutos.

A partir de aí baixamos un pouco o pistón; pero sempre co obxectivo de ter o balón e así foi. Desta maneira foron caendo os goles ata chegar ao marcador final de 12-0.

Bo partido dos nosos rapaces e noraboa tamén ao Áncora que a pesares de recibir moi pronto 4 goles, nunca baixou os brazos e sempre o intentou, aínda que hoxe foi claramente superado polo Cuntis.

Para a semana desprazámonos a Pontevedra onde nos enfrontaremos ao sempre complicado e bo equipo AJ Lérez.
#imoscuntis #alevínsf8cuntis #atléticocuntiscf

Posted by | View Post | View Group

 

Este xoves, o noso benxamín, Mateo Puente, participou, por requerimento do Deportivo de la Coruña, nun adestramento co Benxamín A do equipo herculino.

Mateo únese así aos nosos alevíns de primeiro ano, David e Rubén, que xa asisten asiduamente aos adestramentos e torneos co Depor desde o ano pasado.

Noraboa aos nosos xogadores e a toda a base do club xa que é un premio para todos e nos anima a seguir traballando na mesma liña que ata o de agora.

#imoscuntis

 

Posted by | View Post | View Group

Esta tarde presentamos dous equipos alevíns no torneo de Silleda. O alevín A conseguiu levarse o campionato e o alevín B fixo un bo torneo; pero non se clasificou para a fase final nunha fase de grupos moi complicada ante grandes equipos.

RESULTADOS:
ALEVÍN B
Val do Ulla 1 – Cuntis 0
Ourense 5 – Cuntis 0
Boiro 0 – Cuntis 4
Silleda 2 – Cuntis 0
Lalín 5 – Cuntis 0
(eliminados fase de grupos)

ALEVÍN A
Cuntis 7 – Val do Ulla 0
Antas do Ulla 0 – Cuntis 5
Bertamiráns 0 – Cuntis 4
Silleda B 0 – Cuntis 8
San Mamed 0 – Cuntis 7
(clasificados 1º grupo para a fase final)
SEMIFINAIS
Lalín 0 – Cuntis 4
FINAL
Cuntis 2 – Ourense 0
CAMPIÓNS

Destacar tamén o trofeo ao mellor xogador do torneo que recibiu o noso xogador David. Noraboa a todos os rapaces!

Posted by | View Post | View Group

E por fin voltarón os adestramentos dos Alevins e Benxamins  do Atl. Cuntis !!!

Os días e horario de adestramento son:

* Alevins F-11, Luns e Venres as 20:00 e Mércores as 19:30.

* Alevin F-8,  Luns as 20:00, e Martes e Xoves as 19:30.

* Benxamins Martes e Xoves as 19:30

Nestas primeriras semanas os adestradores tratarán de poñer a punto as plantillas de Alevins e Benxamins. Duas categorías que o ano pasado foron das máis exitosas do Club, e que están desexando defender, repetir e se cabe mellorar os éxitos logrados na tempada 2016/2017.

Aupa Cuntis !!!

Posted by | View Post | View Group

Entrenadores Benxamins

Entrenadores Alevins

 

 

 

 

 

 

IAGO, RAUL, FER E JUAN faranse cargo destas dúas categorías. Este ano contarán con tres equipos, un benxamín de F8, un alevín de F8 e un alevín de F11, que levarán entre os catro. Coa intención de que a idea futbolística sexa a mesma nas dúas categorías.

Moita sorte a todos!!!!

Posted by | View Post | View Group

Atlético Cuntis ©2024. All Rights Reserved.