O XUVENIL ARRANCA A LIGA CON VICTORIA NUN DERBI EMOCIONANTE - Atlético Cuntis  

O XUVENIL ARRANCA A LIGA CON VICTORIA NUN DERBI EMOCIONANTE

| Posted in Novas XUVENIL, Sin categoría

1ª XORNADA XUVENIL PROVINCIAL

Atlético de Cuntis 4 – Caldas CF 2

Este sábado recibimos na Ran aos nosos veciños de Caldas, un firme candidato ao ascenso a liga Galega.
O partido tivo dúas partes moi distintas, unha primeira parte moi trabada en donde os dous equipos dispuxeron de poucas ocasións claras. Sería no tempo de desconto deste período cando os nosos cometen unha falta innecesaria cerca da área e nun gran lanzamento marca o Caldas. Sácase de centro e final da primeira parte.

Na segunda parte o corpo técnico fai dous trocos. Saen Darío ( lesionado) e Giao e entra Adrián e Pablo, aparte de pasar a xogar con tres xogadores en punta. E fixo efecto, sendo no minuto 9 da segunda parte cando, nunha contra moi ben enlazada, Anxo remata na área pequena e consegue o gol do empate. Unha vez conseguido o empate seguimos intentando ir pola victoria e, 10 minutos despois, Rubén, cun tiro dende a liña de medio campo, consegue un auténtico golazo 2-1. No minuto 25 un erro defensivo de todo equipo fai que o desenlace sexa un penalti moi claro cometido por Folgar conseguindo o Caldas o empate a 2.

O Cuntis non baixou os brazos e na seguinte xogada o árbitro nos anula un gol de Cristian por fora de xogo. Os nosos rapaces, quizás un puntiño por riba no aspecto físico que o Caldas, seguen atacando e no minuto 78 Cristian Raído consegue o 3-2. Un Caldas con moito perigo tivo dúas ocasións claras para poder empatar pero o grandísimo traballo dos nosos en defensa e un tiro ao pao fixeron que o rival non acadase o empate, conseguindo facer o cuarto por medio de Pablo.

Felicitar aos dous equipos por facer que as dúas afeccións disfrutaran dun bonito derbi.
Para a semana desprazámonos a Poio onde xogaremos cun rival recién ascendido cun bo equipo.
#imoscuntis

Posted by | View Post | View Group

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.

Atlético Cuntis ©2024. All Rights Reserved.