8ª XORNADA 3ª AUTONÓMICA - Atlético Cuntis
 

8ª XORNADA 3ª AUTONÓMICA

| Posted in Novas SENIOR B

Libertad 1 – Cuntis B 2

A primeira vitoria lonxe da Ran chegou en Vilalonga. Na primeira metade apenas houbo ocasións de gol. O 0-1 chegaba no 35′ nun córner que rematou Monre libre de marca no segundo pau. Logo do descanso víuse máis en ataque por parte de ambos equipos. Nun novo córner cabeceado por Ángel chegaría o 0-2 no 56′.

Leer máis  Co equipo rival obrigado a atacar dispuxemos de varias contras, pero unhas veces por fora de xogo e outras por errar na finalización non fomos quen de pechar o partido co terceiro gol. O que sí chegou foi o do Libertad que facía no 80′ o 1-2. Sen pasar moitos apuros nos minuto finais certificábase a vitoria.


Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.

Atlético Cuntis ©2018. All Rights Reserved.