12ª XORNADA 1ª XUVENIL - Atlético Cuntis
 

12ª XORNADA 1ª XUVENIL

| Posted in Novas XUVENIL

Cuntis 1 – Cambados 5

Partido disputado este sábado na Ran.

Saímos coa intención de darlle continuidade ao feito na semana anterior pero pronto se veu que o partido era moi diferente tanto en intensidade como en xogo, moito máis cando aos seis minutos se adiantou o Cambados no marcador.

Leer máis … 

Aínda así seguimos buscando a igualada pero fallando as oportunidades que xenerabamos, cousa que o rival non facía e así chegou o 0-2 no minuto 35.
No descanso intentamos espolear aos chavales para intentar remontar o partido pero foi un espellismo e así chegaron outros tres tantos na nosa contra.
O tanto do 88 obra de Iago non fixo máis que maquillar o resultado e darlle fin a un partido moi malo dos nosos rapaces.

Para a semana visita importantísima a Pontecaldelas.
#xuveniscuntis #imoscuntis #atleticocuntiscf

Posted by | View Post | View Group

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.

Atlético Cuntis ©2024. All Rights Reserved.