11ª XORNADA 1ª XUVENIL
O Grove 1 – Cuntis 2
Partido que xogamos na mañá do sábado no Monte da Vila no Grove cunhas boas condicións para xogar ao fútbol.
Empezamos o partido coa idea que estivemos adestrando toda a semana e pronto xa se veu xa que o equipo saíu moi concentrado, firmes e seguros atrás, e con opcións adiante, nunha primeira metade con ocasións e que rematou con empate o cero.
Leer máis …
Na segunda parte seguimos ca misma intensidade, intentando presionar máis arriba, fortes atrás e así empezamos a roubar moitos balóns e, despois dunha boa xogada no 51, conseguimos o 0-1 obra de Giao. Todo seguía igual ata que no 58, nunha xogada moi dudosa, nos sinalaron un penalti en contra que supuxo o empate. A diferencia de partidos anteriores, o equipo non se viu abaixo e continuou coa mesma intensidade. Tivemos un contratempo importante tamén coa doble amarilla de Cristian; pero seguimos igual ata que no minuto 88 Raido levou o 1-2 ao marcador e nos dou tres puntos que nos serven para poñerlle fin a unha racha moi negativa que levabamos.
Para a semana recibimos o J Cambados na Ran, para intentar seguir nesta liña.
Destacar a actitude de todos os nosos xogadores, hoxe estiveron de 10
#imoscuntis #xuveníscuntis #atleticocuntiscf #osnosos
