11ª XORNADA 1ª ALEVÍN F8
Alondras 3 – Cuntis 7
Partido disputado o sábado moi cedo en Cangas. Os nosos alevíns visitaban a un dos cocos da categoría que ocupaba o terceiro posto na clasificación antes de xogar este partido.
O Cuntis comezou como un ciclón metendo 4 goles nos primeiros 7 minutos, con dobletes de Sergio e de Rubén. Seguimos na mesma liña facendo claras ocasións para pechar o partido nos primeiros quince minutos, cun man a man e un pao como as máis claras.
leer máis …
Os primeiros dez minutos da segunda metade foron do Alondras que conseguiu un segundo gol e apretou moito arriba. Con 2-4 no marcador, nunha gran xogada dos nosos rapaces, Lucía fai o quinto; pero os do Morrazo meterían o terceiro despois do saque de centro. Ecuador da segunda metade e o resultado 3-5 e sufrindo atrás. A partir de aquí fixemos uns axustes defensivos e volvemos facernos co partido conseguindo dous bos goles obra de David, pechando o resultado final de 3-7.
En definitiva, moi bos primeiros quince minutos do Cuntis, nun partido que a partir de aí se igualou e no que ao final recuperamos sensacións. Bo traballo do Alondras que, a pesar do mazazo inicial, non baixou os brazos e nolo puxo difícil.
Con este resultado consolidamos a nosa primeira posición na táboa clasificatoria na que aventaxamos ao segundo clasificado en seis puntos con dous partidos menos.
Para a semana recibimos á ED Arousa na Ran.
#imoscuntis #alevínsf8cuntis #atléticocuntiscf #osnosos



