2ª XORNADA 1ª AUTONÓMICA XUVENIL - Atlético Cuntis  

2ª XORNADA 1ª AUTONÓMICA XUVENIL

| Posted in Novas XUVENIL

 

E.D. Poio 3 – Atlético Cuntis 6

Este sábado pola tarde nos desprazamos a Poio, ao campo de A Seca, no primeiro partido de visitante da presente tempada

Partimos coa intención de seguir coa mesma intensidade que no partido anterior pero non foi nin parecido, quizás os nervios, o campo…pero costounos moito entrar no partido.

Tivemos bastantes erros de posicionamiento, de elección de xogada, de intensidade…, aínda así conseguimos adiantarnos no marcador cun gol de Brais. O Poio respostou 3 minutos despois conseguindo o empate. Nós non fomos quen de mellorar o xogo; pero aproveitamos as nosas ocasións, conseguindo ir ao descanso cun resultado de 1-3, goles obra de Rubén e de Pablo.
No descanso intentamos manter a calma e xogamos co marcador. No minuto 57 nos puxemos 1-4 con gol de Darío; pero a verdade é que pasamos os peores momentos do partido e o rival nos atacou e presionou conseguindo, no min 70, reducir a ventaxa a 3-4; pero xa no final do partido, en dúas xogadas de presión e roubo conseguimos (no 84 e no 89) o 3-5 gol de Pablo e o 3-6 final gol de Giao.

Sen dúbida o mellor foi o marcador.

Para a semana recibimos na Ran ao Verdugo.

#imoscuntis #xuveníscuntis #atléticocuntiscf

Posted by | View Post | View Group

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.

Atlético Cuntis ©2024. All Rights Reserved.