Sin categoría archivos - Página 2 de 5 - Atlético Cuntis  

Categoría: Sin categoría

AMISTOSO BIBERÓN

| Leave a comment

Cuntis – Arousa F7

Primeiro partido amistoso dos nosos nenos disputado no pavillón de Cuntis as 11:30 deste domingo.

O partido xogouse en 4 partes de 10 min debido ao gran número de nenos. Fixemos unha primeira metade con nenos que xa xogaran o ano pasado e fomos claramente superados indo 3-0 nos 10 primeiros minutos. Na segunda parte xa se igualou o partido e nunha xogada desafortunada na nosa área metéronnos o 4-0. Na terceira e cuarta parte xa entraron os nenos de 3 anos e conseguimos 3 goles en contraataques.
Agradecer a deportividade do AROUSA F7 xa que o adestrador entendeu perfectamente a situación, sabéndose superior nos primeiros 10 min. Nós temos un equipo de nenos que todos empezaron a xogar este ano e estivo dacordo en xogar catro partes diferenciadas para que xogaran partidos igualados e os nenos disfrutaran xogando e todos se foran con boas sensacións.

Gran xornada dominical de fútbol biberón en Cuntis
#imoscuntis #biberónscuntis #atléticocuntiscf #osnosos

Posted by | View Post | View Group

Atlético Cuntis ©2024. All Rights Reserved.