Novas XUVENIL archivos - Página 3 de 3 - Atlético Cuntis  

Categoría: Novas XUVENIL

 

E.D. Poio 3 – Atlético Cuntis 6

Este sábado pola tarde nos desprazamos a Poio, ao campo de A Seca, no primeiro partido de visitante da presente tempada

Partimos coa intención de seguir coa mesma intensidade que no partido anterior pero non foi nin parecido, quizás os nervios, o campo…pero costounos moito entrar no partido.

Tivemos bastantes erros de posicionamiento, de elección de xogada, de intensidade…, aínda así conseguimos adiantarnos no marcador cun gol de Brais. O Poio respostou 3 minutos despois conseguindo o empate. Nós non fomos quen de mellorar o xogo; pero aproveitamos as nosas ocasións, conseguindo ir ao descanso cun resultado de 1-3, goles obra de Rubén e de Pablo.
No descanso intentamos manter a calma e xogamos co marcador. No minuto 57 nos puxemos 1-4 con gol de Darío; pero a verdade é que pasamos os peores momentos do partido e o rival nos atacou e presionou conseguindo, no min 70, reducir a ventaxa a 3-4; pero xa no final do partido, en dúas xogadas de presión e roubo conseguimos (no 84 e no 89) o 3-5 gol de Pablo e o 3-6 final gol de Giao.

Sen dúbida o mellor foi o marcador.

Para a semana recibimos na Ran ao Verdugo.

#imoscuntis #xuveníscuntis #atléticocuntiscf

Posted by | View Post | View Group

1ª XORNADA XUVENIL PROVINCIAL

Atlético de Cuntis 4 – Caldas CF 2

Este sábado recibimos na Ran aos nosos veciños de Caldas, un firme candidato ao ascenso a liga Galega.
O partido tivo dúas partes moi distintas, unha primeira parte moi trabada en donde os dous equipos dispuxeron de poucas ocasións claras. Sería no tempo de desconto deste período cando os nosos cometen unha falta innecesaria cerca da área e nun gran lanzamento marca o Caldas. Sácase de centro e final da primeira parte.

Na segunda parte o corpo técnico fai dous trocos. Saen Darío ( lesionado) e Giao e entra Adrián e Pablo, aparte de pasar a xogar con tres xogadores en punta. E fixo efecto, sendo no minuto 9 da segunda parte cando, nunha contra moi ben enlazada, Anxo remata na área pequena e consegue o gol do empate. Unha vez conseguido o empate seguimos intentando ir pola victoria e, 10 minutos despois, Rubén, cun tiro dende a liña de medio campo, consegue un auténtico golazo 2-1. No minuto 25 un erro defensivo de todo equipo fai que o desenlace sexa un penalti moi claro cometido por Folgar conseguindo o Caldas o empate a 2.

O Cuntis non baixou os brazos e na seguinte xogada o árbitro nos anula un gol de Cristian por fora de xogo. Os nosos rapaces, quizás un puntiño por riba no aspecto físico que o Caldas, seguen atacando e no minuto 78 Cristian Raído consegue o 3-2. Un Caldas con moito perigo tivo dúas ocasións claras para poder empatar pero o grandísimo traballo dos nosos en defensa e un tiro ao pao fixeron que o rival non acadase o empate, conseguindo facer o cuarto por medio de Pablo.

Felicitar aos dous equipos por facer que as dúas afeccións disfrutaran dun bonito derbi.
Para a semana desprazámonos a Poio onde xogaremos cun rival recién ascendido cun bo equipo.
#imoscuntis

Posted by | View Post | View Group

 

Escribimos estas liñas para deciros que como moitos xa estabades esperando,  a tempada de Xuvenís xa comenzou !!!

Esta semana comenzaron os adestramentos da categoría Xuvenil do Atl Cuntis. Os días e horario de adestramento son, Luns e  Mércores as 21:00 horas e Xoves as 20:30 horas.

Nestas primeriras semanas o adestrador traballará sobretodo o aspecto físico, para poder afrontar con forzas una tempada tan larga. Este fin de semana o equipo participa no «Triangular de Aldea Da Crocha» que servirá para seguir coa posta a punto da plantilla.

Aupa Cuntis !!!

Posted by | View Post | View Group

José Treviño adestrador xuvenil con Fran Fontenla (Presidente do Cuntis) e Iván (coordinador)

José Treviño compaxinará o seu posto de coordinador do Sénior A e o Sénior B coa responsabilidade de adestrar aos nosos xuvenís. Outro home da casa que ven de clasificar aos cadetes para a fase de ascenso o ano pasado e con seis anos de experiencia en categoría xuvenil.

Posted by | View Post | View Group

Atlético Cuntis ©2024. All Rights Reserved.