Novas XUVENIL archivos - Página 2 de 3 - Atlético Cuntis  

Categoría: Novas XUVENIL

Cuntis 4 – Umia 7

Este sábado recibimos ao Umia coa intención de cortar a mala racha de resultados que estabamos tendo.

Empezamos o partido intentando a defender forte e buscar ataques directos cara os nosos dianteiros e aproveitar as segundas xogadas. Pero novamente tivemos que ir en contra do marcador dende o minuto10, por erros atrás. Seguimos buscando as nosas opcións , pero o 0-2 do minuto27 parecía que nos afundía. Aínda así o equipo seguiu e conseguimos o primeiro gol á media hora ,obra de Raido, gol que nos metía de cheo no partido. Eran os nosos mellores momentos do partido que se pararon nun penalti sinalado na nosa contra(bastante dudoso) e que supuxo o 1-3. Non nos viñemos abaixo e seguimos apretando e así nos minutos 35 e 41 acadamos o 2-3 e máis o 3-3 co que nos fomos ao descanso, tantos de Raído e de Brais.
No descanso fixemos uns axustes para ir a polo partido, e ía bastante ben ata o 54 cando o Umia acadaba o 3-4 nunha xogada puoca deportiva. Non nos viñemos abaixo e seguimos creando as nosas ocasións, pero todo se complicou coa expulsion que sufrimos ( moi dudosa) no 64. Aínda así seguimos apretando e conseguimos o empate no 80 obra de Pablo. Quixemos ir a polo partido pero en tres contras acabaron coas opcións e rematou o partido co 4-7 final.

Mala racha que persiste e intentaremos romper para a semana contra o Monteporreiro.

#imoscuntis #xuveníscuntis #atléticocuntiscf

Posted by | View Post | View Group

Salgueiriños 3 – Cuntis 0

Partido disputado este sábado no campo da Xunqueira 2 en Pontevedra contra o Salgueiriños.

Saímos o partido coa idea clara de parar a sangría de goles que estabamos a recibir e durante a primeira metade fomos quen de conseguilo, aguantamos ben atrás e intentamos ter as nosas opcións en ataque, así ata que un erro atrás nos supuxo o 1-0 no minuto 36. Seguimos intentando ser fortes atrás e intentar aproveitar algunha das nosas ocasións. Xa co tempo cumplido tivemos a inoportuna lesión de Darío o que xa nos levou a facer cambios ao principio da segunda parte. Seguimos intentando na segunda parte aproveitar algunha ocasión e conter ben o equipo rival pero o 2-0 no 56 e o 3-0 no 71 finiquitaron o partido ante un rival que foi superior a nós.

Certo que os nosos seguiron intentando buscar o gol da honra e case o conseguimos nun par de ocasións.

Cabe destacar o esforzo dos chavales.
Para a semana preparar a visita do Umia e intentar frenar esta mala racha.
#imoscuntis #xuveniscuntis #atleticocuntiscf

Posted by | View Post | View Group

Cuntis 2 – Ribadumia B 3

Partido xogado o sábado pola tarde no campo da Ran

Encaramos o partido con varios cambios debido ás baixas que tiñamos, pero xa pronto se veu que non ía ser doado sacar os puntos. Moi mal partido dos nosos chavales sen crear ocasións e con moitos fallos en defensa o que nos costou recibir o 0-1 á media hora. Primeira parte para olvidar.

Despois da charla no vestuario esperabamos un cambio de actitude pero non chegou e continuamos cos erros, os cales nos costaron o 0-2 e 0-3 en dous minutos 83 e 84. Logo desto, nun arranque máis por corazón que xogo, fomos quen de maquillar o resultado con dous goles de Raído para o definitivo 2-3.

Partido do que aprender moitas cousas e a preparar a visita ao Salgueiriños para o próximo sábado
#ImosCuntis #xuveníscuntis

Posted by | View Post | View Group

Céltiga 4 – Cuntis 1

Partido disputado na Illa este sábado pola mañá.


Coñecedores da dificultade do partido intentamos saír con calma e concentrados no que tiñamos preparado durante a semana.

Empezamos tanteando ao rival pero todo se veu abaixo no minuto 19 coa segunda amarilla a Noel. A partir dese momento pasamos a agardar ao Céltiga máis atrás e intentar buscar a Brais á contra, polo que metimos a Anxo no lugar de Pombo para buscar o último pase.Conseguimos chegar con 0-0 ao descanso nun partido duro e difícil cun expulsado pola parte do Céltiga tamén no 44.

No descanso quixemos que o equipo empezara de cero con dez cada equipo e sobre todo se aislaran do ambiente do partido. Empezamos ben e así, no 47, Raido conseguía o 0-1. Pero aos sete minutos, empataron e o partido dou un cambio moi drástico, máis aínda cando no 67, un despexe a córner de Martín, foi visto polo árbitro como penalti e supuxo o 2-1.

Esto xa fixo que o equipo se fora do partido e nunha contra no 71 eles puxeron o marcador nun 3-1. Logo no 74 expulsión de Brais e con nove no campo chegou o 4-1. Aínda con dous menos intentamos buscar a portería contraria pero a expulsión de Martín doulle o finiquito ao partido.

Moitisimo que aprender deste partido, e pensar no Ribadumia B para a semana na Ran.
#imoscuntis #xuveníscuntis #atléticocuntiscf

Posted by | View Post | View Group

 

Cuntis 2 – Verdugo 2

Partido disputado este sábado no campo da Ran contra un rival moi físico e combativo

A primeira metade foi bastante floxa, moi fisica e sen apenas crear ocasións pois non conseguimos facer xogo combinativo.

Na segunda metade, despois da charla do descanso, parecía que o equipo despertara, froito do cal acadamos o 1-0 gol de Brais de penalti que non era. Pero foi só un instante e volvimos xogar á súa merced e así acadaron o empate e máis o 1-2 en sendos fallos defensivos. De aí ao final do partido intentamos apretar (con máis corazón que cabeza e xogo) e conseguimos un empate moi sufrido no 89 con gol de Brais.

Sen dúbida, o mellor do partido foi o resultado. Para a semana visitamos a Illa de Arousa para enfrontarnos ao Céltiga.
#imoscuntis #xuveníscuntis #atléticocuntiscf

Posted by | View Post | View Group

Atlético Cuntis ©2024. All Rights Reserved.