Novas SENIOR A archivos - Página 3 de 4 - Atlético Cuntis  

Categoría: Novas SENIOR A

Dende o Cuntis non paramos de traballar arreo na confección da plantilla do primeiro equipo. Logo de presentarvos ao novo adestrador, é agora o turno dos xogadores que van a seguir vestindo a nosa camisola unha tempada máis. Deste xeito, as renovacións son as seguintes: Richi (10ª tempada no clube), Antonio (5ª tempada), Anxo (4ª tempada), Pablo Matos (4ª tempada), Romero (4ª tempada), Souto (3ª tempada), Diego Lago (3ª tempada) e Dani (2ª tempada).

Posted by | View Post | View Group

Luis Miguel Rivadulla, «Luismi»

Luis Miguel Rivadulla, «Luismi» (27 anos), chega procedente do Estradense B. Antes estivo no Estudiantil unha tempada e no primeiro equipo do Estradense dous anos, polo que conta con ampla experencia en Preferente. Na súa etapa de formación estivo en equipos como o Cidade de Santiago e o Conxo, competindo en división de honra. Luismi é un xogador de banda, zurdo e incisivo, cun carácter gañador que de seguro nos será de moita valía ao longo da tempada.

Posted by | View Post | View Group

Diego Terzado,»Buchi»

Diego Terzado, máis coñecido como «Buchi», ten 26 anos, e é un central de gran envergadura, destacando polo seu poderoso xogo aéreo. Esta será a súa terceira etapa como xogador aurinegro, pois xa contamos con el en Xuvenís e na tempada 2013/2014 en 1ª Rexional. Estes últimos 3 anos formou parte do CD Estradense, onde se consolidou como unha peza importante.

Posted by | View Post | View Group

Javier López «Javito»

Javier López «Javito», de 28 anos, chega procedente do CD Estradense, equipo no que militou durante 3 tempadas en Preferente. Anteriormente xa tivemos a sorte de contar con el na tempada 2013/2014, en 1ª Rexional. Javito é un xogador que destaca principalmente pola súa velocidade, carácter e polivalencia, e que se desenvolve fundamentalmente por banda dereita, tanto de extremo como de lateral, aínda que tamén pode actuar no medio do campo.

Posted by | View Post | View Group

XAVI COTÓN, NOVO XOGADOR DO ATLÉTICO CUNTIS

Xavi, de 30 anos, é un mediocentro ofensivo, con bo trato de balón, e que destaca pola súa organización do xogo, así como polo seu bo golpeo a balón parado.

En categorías base sempre estivo entre o Flavia e o Furia, para logo en categoría sénior xogar sempre neste último. Logo dun tempo de inactividade por motivos laborais, a tempada pasada logrou unhas magníficas cifras na Segunda Rexional de 12 goles.

Moita sorte e benvido!

Posted by | View Post | View Group

Atlético Cuntis ©2024. All Rights Reserved.