Novas PREBENXAMIN archivos - Página 3 de 4 - Atlético Cuntis  

Categoría: Novas PREBENXAMIN

Arosa 1 – Cuntis B 2 (Manu 2).

Este sábado os pres xogaron o seu segundo partido de liga en Vilagarcía. Saímos con Pablo na portería, Xoel Pol, Marcos e Brais na defensa, Manu no medio, nas bandas Pedro e Xoel e arriba Xián. Esperaba a súa oportunidade Cristian.
Partido sen goles na primeira metade e case oportunidades. Na segunda metade os nenos animáronse e chegaron as oportunidades nas dúas porterías. Manu fixo o primeiro nun disparo cruzado e o mesmo Manu faría o segundo de penalti. O Arosa fixo o seu gol no último minuto. Primeiros tres puntos dos prebenxamíns B.

Para a semana visita a Ran o Cambados
#imoscuntis #prebenxamínsbcuntis #atléticocuntiscf

Posted by | View Post | View Group

Moañesa 2- Atl.Cuntis 6
(Andrés 2, Xabi, Borja, Iago e Iker)

Cuarto partido de liga que se disputaba na mañán do sábado.
Saímos con Pablo na portería, na defensa Hugo, Iago e Borja, no medio Andrés, Xoel e Xabi e arriba Iker. No banquillo esperaba Alberto.
Empezamos perdendo, pero ao descanso fomos por riba. Na segunda parte estivemos máis acertados.
Para a semana visítanos o Pontevedra.

#imoscuntis #prebenxamínscuntis #atléticocuntiscf

Posted by | View Post | View Group

Atl. Cuntis B 1 – Céltiga 3

Primeiro partido de liga dos nosos pequenos na tarde do sábado na Ran.

Empezamos con Mateo Parra na portería, na defensa Brais, Marcos e Pedro, no medio Manu, Xoel e Manuel Antón e arriba Cristian. No banquilño estaba Xián.

Empezamos un pouco dormidos e encaixamos moi pronto os tres goles. Na segunda parte melloramos e puidemos meter algún gol máis. Destacar a aportación de dous biberóns (Cristian e Xián).

Para a semana visitamos ao Arosa C
#imoscuntis #prebenxamínsbcuntis #atléticocuntiscf

 

Posted by | View Post | View Group

Cuntis 3 – Beluso 2

Terceira xornada de liga na que xogaban os prebenxamíns A contra o Beluso, en xornada matinal de sábado na Ran

Empezamos con Pablo, Hugo, Iago, Borja, Andrés, Xoel, Xabi e Iker. No banquiño Alberto e Brais.

Partido igualado na primeira metade entre dous equipos que contaban por vitorias os seus partidos en liga. Aínda así, o Cuntis tivo as mellores ocasións durante estes minutos.

No segundo tempo, demos un paso adiante e gozamos de moitas ocasións de gol; pero unhas veces pola boa actuación do porteiro do Beluso ou por mala sorte, non acertabamos co gol. Foi Andrés por dúas veces o que rompeu o partido poñendo o 2-0 no marcador. Recortaron distancias cun bo tiro desde a frontal e nos puxeron en apretos; pero nunha boa ocasión do Beluso, na contra do Cuntis, Iker fai o terceiro que pechaba o partido. O Beluso fixo o segundo de penalti co partido rematado.

Boa vitoria e bo partido ante un bo equipo.
Para a semana viaxamos ata Moaña.
#imoscuntis #prebenxamínscuntis

   

Posted by | View Post | View Group

Puentearnelas 0- Cuntis 5

Partido disputado na tarde do sábado en Puentearnelas

Segundo partido de liga dos nosos pequenos. Empezamos con Mateo na portería, Hugo, Iago e Alberto na defensa, Andrés, Manu e Xabi no medio e Iker en punta. No banquillo Manuel, Antón e Borja.

Os goles foron obra de Xabi (3) e de Andrés (2). Partido no que os nosos pequenos xogaron un bo encontro.

Darlle a noraboa tamén ao Puentearnelas, un equipo que sempre o intentou. Moita sorte para o resto da liga.

Para a semana visítanos o Beluso.
#imoscuntis #prebenxamínscuntis #atléticocuntiscf

Posted by | View Post | View Group

Atlético Cuntis ©2024. All Rights Reserved.