Novas BENXAMIN archivos - Página 3 de 3 - Atlético Cuntis  

Categoría: Novas BENXAMIN

 

Este xoves, o noso benxamín, Mateo Puente, participou, por requerimento do Deportivo de la Coruña, nun adestramento co Benxamín A do equipo herculino.

Mateo únese así aos nosos alevíns de primeiro ano, David e Rubén, que xa asisten asiduamente aos adestramentos e torneos co Depor desde o ano pasado.

Noraboa aos nosos xogadores e a toda a base do club xa que é un premio para todos e nos anima a seguir traballando na mesma liña que ata o de agora.

#imoscuntis

 

Posted by | View Post | View Group

Este sábado, o noso benxamín, desprazouse a Silleda para desputar o tradicional torneo de pretemporada que organiza o Silleda, proclamándose campión do mesmo, despois dunha boa actuación dos nosos rapaces.

Os resultados do torneo foron os seguintes:

FASE DE GRUPOS:
Caldas A 2 – Cuntis 2
Val do Ulla 1 – Cuntis 4
Arrabaldo 0 – Cuntis 7
Bertamiráns 1 – Cuntis 2
Boiro 0 – Cuntis 6
(Clasificados para a fase final como primeiros de grupo)

SEMIFINAIS
Cuntis 4 – Lalín 1

FINAL
Cuntis 4 – Caldas A 1
(CAMPIÓNS)

Destacar tamén o trofeo que recibiu o noso xogador Mateo Puente como mellor xogador do torneo. Noraboa a todos os rapaces!!!

Posted by | View Post | View Group

E por fin voltarón os adestramentos dos Alevins e Benxamins  do Atl. Cuntis !!!

Os días e horario de adestramento son:

* Alevins F-11, Luns e Venres as 20:00 e Mércores as 19:30.

* Alevin F-8,  Luns as 20:00, e Martes e Xoves as 19:30.

* Benxamins Martes e Xoves as 19:30

Nestas primeriras semanas os adestradores tratarán de poñer a punto as plantillas de Alevins e Benxamins. Duas categorías que o ano pasado foron das máis exitosas do Club, e que están desexando defender, repetir e se cabe mellorar os éxitos logrados na tempada 2016/2017.

Aupa Cuntis !!!

Posted by | View Post | View Group

Entrenadores Benxamins

Entrenadores Alevins

 

 

 

 

 

 

IAGO, RAUL, FER E JUAN faranse cargo destas dúas categorías. Este ano contarán con tres equipos, un benxamín de F8, un alevín de F8 e un alevín de F11, que levarán entre os catro. Coa intención de que a idea futbolística sexa a mesma nas dúas categorías.

Moita sorte a todos!!!!

Posted by | View Post | View Group

Atlético Cuntis ©2024. All Rights Reserved.