Novas ALEVIN archivos - Página 2 de 6 - Atlético Cuntis  

Categoría: Novas ALEVIN

Partido disputado na mañá do domingo en Cuntis, cun bo ambiente na grada nun encontro entre dous equipos invictos na liga.

Os nosos alevíns comezaron o partido querendo ter o control do encontro; pero se atoparon cun bo equipo enfrente que lle disputou a posesión do balón. Foron 20 minutos nos que os dous equipos trataron de impoñer o seu xogo ao rival sen conseguir claras ocasións de gol.

Leer máis … (más…)

Posted by | View Post | View Group

Alondras 3 – Cuntis 7

Partido disputado o sábado moi cedo en Cangas. Os nosos alevíns visitaban a un dos cocos da categoría que ocupaba o terceiro posto na clasificación antes de xogar este partido.

O Cuntis comezou como un ciclón metendo 4 goles nos primeiros 7 minutos, con dobletes de Sergio e de Rubén. Seguimos na mesma liña facendo claras ocasións para pechar o partido nos primeiros quince minutos, cun man a man e un pao como as máis claras.

leer máis …  (más…)

Posted by | View Post | View Group

NORABOA SERGIO!!!

| Leave a comment

Tamén nos gustaría destacar a participación do noso alevín Sergio Vila nun dos adestramentos da selección sub 12 masculina.
NORABOA SERGIO!!!

En definitiva, un orgullo que catro dos nosos xogadores alevíns estean adestrando cos mellores xogador@s da nosa provincia.

Un premio para todos eles e para todos os seus compañeiros da base do Cuntis polo gran traballo que están a realizar durante esta primeira parte da tempada.

#imoscuntis #osnosos #atléticocuntiscf

La imagen puede contener: una persona, practicando un deporte, exterior y naturaleza
Posted by | View Post | View Group

NORABOA DAVID!!!

| Leave a comment

E acabamos de recibir outra boa nova para a familia do Cuntis xa que David Sánchez, un dos nosos alevíns que tamén asiste semanalmente a adestrar co Depor, acaba de ser convocado para participar no adestramento da selección sub12 masculina que terá lugar o próximo martes en Zacande.

NORABOA DAVID!!!

La imagen puede contener: 2 personas, personas practicando deporte y exterior
Posted by | View Post | View Group

NORABOA RUCHI!!!

| Leave a comment

Rubén Fernández Varela, un dos nosos alevíns que xa acude semanalmente aos adestramentos do RC Deportivo de la Coruña, está sendo convocado regularmente aos adestramentos coa selección sub 12 provincial masculina.

Un premio ao bo traballo individual de Rubén e tamén para os seus compañeiros que teñen moita culpa destas boas novas para a familia aurinegra.

NORABOA RUCHI!!!

La imagen puede contener: 2 personas, personas practicando deporte y exterior
Posted by | View Post | View Group

Atlético Cuntis ©2024. All Rights Reserved.