6ª XORNADA 1ª ALEVÍN F11 - Atlético Cuntis
 

6ª XORNADA 1ª ALEVÍN F11

| Posted in Novas ALEVIN

Partido disputado na mañá do domingo en Cuntis, cun bo ambiente na grada nun encontro entre dous equipos invictos na liga.

Os nosos alevíns comezaron o partido querendo ter o control do encontro; pero se atoparon cun bo equipo enfrente que lle disputou a posesión do balón. Foron 20 minutos nos que os dous equipos trataron de impoñer o seu xogo ao rival sen conseguir claras ocasións de gol.

Leer máis … Foi nos dez derradeiros minutos da primeira metade cando o Cuntis dou un paso adiante e meteu dous goles por medio de Rubén e Sergio, os nosos pichichis de f11. Resultado ao descanso 2-0.

A segunda metade foi claramente do Cuntis que agardou ao seu rival e matouno á contra con outros dous goles de Rubén.

Moi bo traballo dos nosos rapaces nunha liga de f11 que non é a nosa prioridade; pero na que están demostrando unha gran actitude e esforzo. Gran equipo o Arosa Promesas con todos os seus rapaces de primeiro ano, competindo a un gran nivel. Noraboa!!

Para a semana recibimos no noso campo ao Pontecaldelas.
#imoscuntis #alevínf11cuntis #atléticocuntiscf #osnosos

Posted by | View Post | View Group

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.

Atlético Cuntis ©2024. All Rights Reserved.