5ª XORNADA 1ª ALEVÍN F11 - Atlético Cuntis  

5ª XORNADA 1ª ALEVÍN F11

| Posted in Novas ALEVIN

Villa de Marín 3 – Cuntis 3

Partido disputado na mañá do domingo no campo de San Pedro en Marín.

O partido comezou co Cuntis moi metido no partido xogando un bo fútbol e conseguindo 3 goles antes do minuto 20 da primeira metade. A partir de aquí o partido se igualou, aínda que foi o Cuntis o que tivo as mellores ocasións neste primeiro tempo. O Villa de Marín apretou ao final e conseguiu un gol antes de descanso. Resultado 1-3 ao final do primeiro acto.

Leer máis

O segundo tempo comezou co Cuntis volvendo facer ocasións e bo xogo; pero foron dez minutos os que lle aguantou a gasolina aos rapaces que viñan todos de xogar partido cos seus respectivos equipos de f8 o sábado. A partir deste minuto, o Villa de Marín meteu aos nosos rapaces na área creando ocasións e facendo un bo xogo, conseguindo o empate a falla de 10 minutos para o final. A partir de aquí partido igualado con poucas ocasións polas dúas partes. Finalmente o partido rematou en empate a tres.

Bo partido o visto hoxe en San Pedro entre un Cuntis que foi moi superior nos primeiros 45 minutos do partido puidendo sentenciar o choque e no que o equipo local conseguiu, nos últimos 25 minutos, remontar o partido e incluso puido levarse o choque. Noraboa ao equipo de Marín que nunca baixou os brazos e conseguiu un empate que parecía complicado na primeira metade. Tamén darlle a noraboa aos nosos rapaces que despois de xogar todos o sábado partidos de f8 nas súas respectivas ligas, competiron ata que quedaron sen folgos. Gran deportividade entre todos os rapaces e os corpos técnicos.

Para a semana recibimos a un dos líderes da categoría, o Arosa Promesas.
#imoscuntis #alevínsf11cuntis #atléticocuntiscf

Posted by | View Post | View Group

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.

Atlético Cuntis ©2024. All Rights Reserved.