2ª XORNADA 1ª BENXAMÍN - Atlético Cuntis  

2ª XORNADA 1ª BENXAMÍN

| Posted in Novas BENXAMIN

Portero 2000 7 – Cuntis 3

Partido disputado o sábado pola mañá en Pontevedra onde visitamos a un dos claros candidatos a loitar por gañar esta liga

O partido comezou cos nosos rapaces moi intensos e chegando con perigo á meta local. Froito desta presión tivemos dúas claras ocasións que o noso dianteiro non foi quen de definir. O Portero 2000, cun ritmo de balón moi alto, sacudiuse a presión e empezou a chegar con perigo á nosa área. Adiantouse no marcador cun gol en posición moi dubidosa e fixo o segundo de córner ante a pasividade dos nosos xogadores. Pero lonxe de baixar os brazos, volvémonos facer co control do partido, acortando distancias cun bo gol na presión de Mateo e obrigando ao Portero 2000 a xogar balóns en largo e un fútbol moito máis directo do que nos ten acostumados. E cando parecía que chegabamos ao descanso con este marcador, recibimos o terceiro gol con que se chegaría ao final deste primeiro acto (3-1).

O comezo da segunda metade foi do Cuntis. Outra vez con intensidade e con bo xogo por momentos, fomos quen de recortar distancias cun golazo de Roi. Seguimos coa loita e a falla de 15 minutos para o final chegou a xogada clave do partido. Boa xogada do Cuntis que remata Roi cun disparo que golpea en toda a cruceta e o despexe da defensa rival provoca un erro da nosa defensa que fai que o equipo pontevedrés aumente a distancia no marcador. Punto de inflexión total no partido. De empatar a perder 4-2 e aí sí que xa baixamos os brazos e os goles do rival foron caendo. Aínda así os pequenos tiraron de garra e de orgullo e volvemos meter outro bo gol de Roi e puidemos incluso meter algún máis. Tamén é certo que nestes últimos minutos o Portero 2000 tamén tivo as súas ocasións.

Partido moi disputado ata o minuto 10 da segunda metade ante un moi bo equipo. Nós a seguir traballando con este equipo con moito marxe de mellora e cuns rapaces que hoxe o deron todo. Noraboa aos dous equipos!!

Para a semana visitamos ao Meaño nun partido complicado.
#imoscuntis #benxamínscuntis #atléticocuntiscf

Posted by | View Post | View Group

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.

Atlético Cuntis ©2024. All Rights Reserved.