10ª XORNADA 3ª AUTONÓMICA - Atlético Cuntis
 

10ª XORNADA 3ª AUTONÓMICA

| Posted in Novas SENIOR B

Romai 1 – Sénior B 0

Na tarde deste domingo visitamos a casa do líder.

O partido acabouse decidindo cun bo lanzamento de falta do Romai no minuto 40, o balón colouse pola escadra e subía ao electrónico o único tanto do encontro. Ata daquela o partido foi moi intenso, cun primeiro cuarto de hora totalmente noso.

Leer máis … Ao pouco de comezar, Fojo dispoñía dunha opción moi clara de gol pero botaba o balón fora.

Na segunda metade chegamos a dispoñer de tres moi boas ocasións para igualar a contenda, unha falta de Alberto que se marchou lambendo a escadra, un remate de cabeza de Javi totalemente só logo do saque dunha falta e nun córner que Monre non conseguía conectar no segundo pao.

Moi bo partido pola intensidade amosada pero a falta de remate volve a costarnos caro.

Para a semana recibimos ao Ribadumia B na Ran.
#imoscuntis #séniorbcuntis #atléticocuntiscf #osnosos

Posted by | View Post | View Group

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.

Atlético Cuntis ©2024. All Rights Reserved.