10ª XORNADA 1ª ALEVÍN F8 - Atlético Cuntis  

10ª XORNADA 1ª ALEVÍN F8

| Posted in Novas ALEVIN

Cuntis 3 – Pontevedra 0

Partido disputado o sábado pola mañá na Ran.

Leer máis   Partido de moito respeto nos primeiros minutos nos que a igualdade foi a tónica do partido, cun Cuntis facendo perigo co seu xogo combinativo e un Pontevedra buscando a contra co seu dianteiro. Pouco a pouco o Cuntis foise facendo co partido, tendo algunha ocasión para facer algún goliño. Pero o gol non caía ata que David nun bo control orientado cara dentro, dispara con toda a intención á escuadra e o porteiro fai unha moi boa intervención desviando o balón ao pao e no rechace Rubén fai o primeiro da mañá. Co resultado de 1-0 chegouse ao descanso.

Na segunda metade o Cuntis foi un bo equipo, facendo moitas ocasións de gol, conseguindo dous goles máis por medio de David e de Sergio, e non conseguindo máis gracias á gran actuación do porteiro do Pontevedra. Nos últimos minutos o equipo granate botouse arriba puidendo facer algún goliño.

Partido igualado nos primeiros minutos, cun Cuntis que fixo un bo partido; pero que estivo menos efectivo de cara a porta que noutras ocasións, sobre todo, pola boa actuación do porteiro do Pontevedra.

Para a semana visitamos ao Alondras.
#imoscuntis #alevínsf8cuntis #atléticocuntiscf

Posted by | View Post | View Group

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.

Atlético Cuntis ©2024. All Rights Reserved.